Advanta, a marca especializada en sementes de millo para gandeiros que pertence ao Grupo Limagrain, celebrou onte á tarde o II Encontro Ibérico de Distribuidores, no cal estiveron presentes 70 profesionais da Cornixa Cantábrica e Portugal, xunto a representantes do selo. Esta cita tivo lugar no Hotel Eurostars de Santiago, e serviu para expoñer temas como a situación dos mercados, a evolución das produccións, ou as solucións que Advanta ofrece.
“De momento os mercados foron fortes, temos que ver que vai pasar coa administración Trump, e así mesmo seguir pendentes doutras cuestións que nos afectan directamente como o cambio climático, o cal nos deixou sequías terribles con ‘A Nena’ ou choivas incesantes cando entrou ‘O Neno’”, conextualizou o Director Comercial de Limagrain Ibérica, Alberto de la Riva.
Situación en Galicia
Igualmente, a evolución de produción de cereais está nun momento que segue unha tendencia alcista. “Aquí nas nosas condicións en Galicia, eu creo que podemos prever un lixeiro aumento da superficie adicada a millo porque o ano pasado, como tivemos un ano climatolóxicamente moi adverso e moito millo que caeu, acompañado de perdas de colleita, semella que este ano os agricultores decidirán sembrar algo máis, aumentando así levemente a superficie para garantir a alimentación dos seus animais”, avanzou o técnico de Advanta, Pablo Amado.
A concentración de explotacións no mercado foi outra das cuestións clave nas exposicións desta xornada. No trascurso da mesma sinalouse ao peche de ganderías por xubilación e a fusión de gandeiros como as dúas dinámicas vez máis comúns, especialmente en Galicia, que están a levar a un dimensionamento das explotacións.
“Deste xeito, temos un menor número de explotacións pero bastante máis grandes ou moito máis grandes. Entonces este cliente final e cada vez é máis un perfil de empresario que quere non só que se lle vendan produtos, senón que as recomendacións que acompañan o produto sexan de sembra: densidade de sembra, data de sembra, recomendacións de colleita, e demandan que se estea con eles e se asesoren de principio a fin”, sinala Amado.
En respaldo destas afirmacións están as cifras amosadas durante o encontro.“Galicia, ten o doble de leite que fai trinta anos co 10% da granxas, e desde xaneiro de 2024 a xaneiro de 2025 reduciuse a cifra de vacas de leite nun 2,4%”, detallou o Xefe Rexional da Cornixa Cantábrica de Advanta, Gustavo García. Ao mesmo tempo deixou clara a estratexia da marca: “neste contexto, temos que aportar calidade, temos que aportar dixestibilidade e litros de leche por quilos de materia seca”.
O cambio climático e as novas tecnoloxías
Neste encontro, o cambio climático manifestouse como un dos condicionantes máis directos para un desenvolvemento óptimo do millo. Isto supón que a marca leve a cabo ensaios a nivel local, na Cornixa Cantábrica e Portugal para “probar as variedades que se están utilizando agora así como as novas variedades que van a salir nos próximos anos para ver a adaptación ao clima, ao solo, ás enfermidades e aos estreses hídricos que temos na zona, amplía Pablo Amado.
Neste proceso a marca busca variedades que sexan produtivas, que teñan moita calidade, que a vaca consiga convertela en leite, pero ademais “ofrece unha cobertura, un seguro gratuíto de re-sementado, polo cal en sementeiras complicadas por moita chuvia, que a planta non dá saído adiante, repoñemos esas sementes sen coste para o agricultor como garantía engadida”, engadiu.
Entre os resultados de recolleita, ao longo da xornada destacou unha das novidades deste ano pasado, e novidade do catálogo de Advanta neste ano: Invitation, unha variedade que destaca por dixesbilidade e contido de almidón, cuestión que se traduce en 53.619 litros de leite por hectárea, ou noutras palabras, 1850 litros de leite por tonelada de materia seca.
Na liña por mellorar o resultado da sementeira de millo, así como para levar a cabo un seguemento das plantacións, na xornada presentouse Agrility, “unha plataforma de Advanta que permite o seguemento da evolución das parcelas desde o ordenador, detectar problemas de maneira incipiente, ou facer sementeiras variables en función dunha caracterización de zonas -por fertilidade e rendemento-“, detallou o Xefe Rexional da Cornixa.