A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A adición de aminoácidos na alimentación do gando mellora o seu rendemento e aumenta a calidade do leite

A adición de aminoácidos na alimentación do gando mellora o seu rendemento e aumenta a calidade do leite

O emprego de aminoácidos favorece lactacións máis prolongadas e aumento do índice de proteína do leite

Tras un intenso programa de relatorios, coloquios e outras actividades formativas, acaba de finalizar o XIX Foro Nacional de Ovino, que se celebrou na localidade castelánleonesa de Aranda de Duero desde o pasado martes 13 de xuño, e que contou con gran afluencia de produtores, consumidores e investigadores do sector.

No marco do devandito foro, o profesor do Departamento de Ciencia Animal da Universidade Politécnica de Valencia, D. Carlos Fernández, presentou o seu relatorio “Nutrición en aminoácidos en pequenos rumiantes: enfoques e consideracións preliminares”, que confirma o efecto positivo, tanto a nivel nutricional como económico, da formulación de racións de cabras e ovellas en muxido baseada en aminoácidos.

Durante a súa intervención, o profesor Fernández compartiu cos asistentes as conclusións dun estudo promovido por De Heus Nutrición Animal, en colaboración coa multinacional norteamericana Kemin e desenvolvido integramente na Universidade Politécnica de Valencia, que mostran os bos resultados obtidos da utilización dos aminoácidos Metionina e Lisina bypass, no balance de nutrientes e rendemento leiteiro de cabanas ovinas e caprinas, uns efectos que tamén son extrapolables ao vacún de leite.

O obxectivo final do traballo, iniciado por De Heus Nutrición Animal fai máis de catro anos, é garantir a máxima eficacia produtiva e contribuír ao desenvolvemento dun modelo de alimentación equilibrado mediante a adecuada utilización de proteínas e aminoácidos en cada ración alimenticia.

Lactacións máis prolongadas e aumento do índice de proteína do leite

Neste sentido, asegurou Fernández, “o traballo de investigación pretende profundar nun tipo de especialización alimentaria cuxos resultados son prometedores, considerando que a información sobre o emprego de aminoácidos en pequenos rumiantes era, ata hoxe, moi escasa. Así mesmo, é importante lembrar que un dos principais obxectivos de produtores e gandeiros é incrementar o contido proteico en leite e a evidencia que se desprende desta investigación apunta precisamente nesa dirección”.

O estudo realizouse cun grupo de 40 cabras da variedade murciano-granadina e evidencia que a adecuada achega de aminoácidos na dieta favorece lactacións máis prolongadas con menor excreción de urea. Por outra banda, e a pesar de que aumenta a media de produción, non se detectaron perdas nos índices de extracto queixeiro.

Para José Manuel García, director xeral de De Heus Nutrición Animal, “a colaboración activa co mundo académico e investigador orienta a nosa actividade empresarial cara á excelencia, permitíndonos desenvolver produtos eficientes, económicos, sustentables e rendibles. Investigacións deste tipo permiten aos nosos clientes ter a seguridade de que están a alimentar ás súas cabras e ovellas en muxido con produtos innovadores e en constante mellora”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *