Adeus 2024, un viño da DO. Ribeiro, recoñecido como o mellor branco no concurso VinEspaña 2025

Publicidade

Adeus 2024, un viño da DO. Ribeiro, recoñecido como o mellor branco no concurso VinEspaña 2025 , que se celebrou do 12 ao 13 de febreiro durante Enomaq, Zaragoza. Adeus é un viño branco elaborado coas variedades de uva Treixadura e Torrontés pola Adega Grupo Reboreda Morgadio – A Telleira.

Os viños brancos galegos coparon tamén a maioría do Gran Ouro neste certame:

Captura de pantalla 2025-02-18 163519

En tintos tranquilos destacan as medallas de ouro logradas por Tintos: Pazo La Cuessta Mencía 2022, Finca Míllara 2022, Guímaro San Pedro 2021 e Corga 2023, todos eles da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

VinEspaña

Este concurso de viños está integrado dentro dos Concursos Nacionais e internacionais que patrocina a Unión Internacional de Enólogos (UIOE).

A Federación Española de Enoloxía busca a produción de viños de gran calidade, favorecer o seu coñecemento entre os consumidores, destacando os viños premiados e a riqueza vinícola do noso país. Así como contribuír á expansión da cultura do viño e ao progreso do sector, fomentando o coñecemento vinícola. Ao mesmo tempo que se reforza o prestixio e a confianza nos concursos desta categoría.

Consulta aquí a listaxe completa de premios de VinEspaña 2025

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información