Adegas e consellos reguladores reclaman á Comisión Europea que non etiquete ao viño como prexudicial para a saúde

Publicidade
Adegas e consellos reguladores reclaman á Comisión Europea que non etiquete ao viño como prexudicial para a saúde

A Federación Español del Vino (FEV), principal organización representativa do sector adegueiro español, e a Conferencia Española de Consejos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), a organización representativa das denominacións de orixe de viño de España, mantiveron unha reunión para analizar os procesos lexislativos que están sobre a mesa nas institucións da Unión Europea e que terán implicacións de calado para o sector

Os representantes das adegas e das denominacións de orixe analizaron conxuntamente ditos procesos de reforma, singularmente a regulación sobre Información Alimentaria ao Consumidor (Regulamento UE 1169/2011), a política de promoción de produtos agroalimentarios da UE (rexida polo Regulamento UE 1144/2014) e a reforma para garantir un sistema alimentario sustentable na Unión Europea, en base ao cal se busca crear un novo regulamento horizontal.

Estes procesos de tramitación, que se atopan na súa fase inicial ou preliminar, vanse  desenvolver e completar durante os próximos dous anos. E todos eles terán implicacións significativas para adegas e denominacións de orixe, en termos de indicacións de etiquetaxe, de orzamento e prioridades temáticas para a promoción con fondos europeos horizontais (para todos os produtos agroalimentarios) e de definición de sustentabilidade, para determinar que se considera como produto agroalimentario sustentable. 

Co fin de buscar a maior unidade de criterio posible á hora de establecer as demandas e necesidades do sector que a Comisión Europea, o Parlamento Europeo e o Consello Europeo deben ter en conta, as dúas organizacións representativas do sector acordaron defender de maneira coordinada as seguintes cuestións: 

–    Que as disposicións que en materia de etiquetaxe nutricional e de ingredientes para o sector do viño xa están incluídas no novo regulamento da OCM, e  que entrarán en vigor o 8 de decembro de 2023 deben manterse como están, permitindo o uso de ferramentas dixitais para trasladar parte da información ao consumidor. O sector do viño teme que, tal e como propón o Parlamento Europeo, se acabe tratando a este produto como ao tabaco, de forma que na etiqueta se inclúan advertencias sanitarias para reducir o seu consumo e se acentúe a prohibición de accións de patrocinio e de promoción publicitaria.

–    Que a nova política de promoción resultante conteña un orzamento máis equilibrado entre as súas diferentes prioridades e non exclúa nin discrimine a un sector como o viño. 

–    Que o concepto de sustentabilidade que pretende establecer a Comisión Europea quede focalizado nos seus aspectos ambientais, económicos e sociais, indisolublemente ligados, deixando fose outros enfoques e ámbitos que, aínda que poden ser tidos en conta noutras áreas regulatorias, nada teñen que ver co concepto de sustentabilidade. 

“En definitiva, FEV e CECRV teñen claro que o sector do viño, un dos principais motores do sector agroalimentario, tanto a nivel UE, como a nivel nacional, debe manter a súa especificidade e saír destes procesos de reforma reforzado e consolidado como fonte de desenvolvemento rural, prosperidade e sustentabilidade das zonas rurais europeas e do noso país”, conclúen as dúas organizacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información