Adegas da DO Rías Baixas abren as súas portas para amosar a vendima

Catro adegas da Ruta do Viño organizan percorridos especiais para vivir a recollida da uva de preto e outras 18 manteñen as súas visitas habituais tamén durante a vendima

Publicidade
Adegas da DO Rías Baixas abren as súas portas para amosar a vendima

Vendima en viñedos da DO Rías Baixas. // Imaxe de arquivo.

Ver e vivir de preto a vendima é a experiencia que propoñen na DO Rías Baixas. Este ano, catro adegas da Ruta do Viño preparan actividades específicas para achegar a vendima ó visitante, para que poida coñecer de preto a recollida da uva, que se fai a man e dun xeito tradicional.

As catro adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas que permiten nesta campaña vivir en primeira persoa a vendima son Paco & Lola e Mar de Frades, na subzona do Salnés; mentres que na subzona do Condado está As Laxas e na subzona do Rosal Terras Gauda.

A esta proposta súmanse outras 18 adegas que realizan as súas visitas habituais tamén durante a época de vendimia. As adegas que ofrecen estes percorridos son: Adega Eidos, As Laxas, Fillaboa, Granbazán, Lagar de Besada, Lagar dá Cachada, Lagar de Fornelos, Mar de Frades, Martín Códax, Paco & Lola, Palacio de Fefiñanes, Pazo Baión, Pazo de Rubianes, Señorío de Rubiós, Terra de Asorei, Terras Gauda, Valmiñor e Vionta.

Deste xeito permiten ao visitante poder ver todo o movemento que hai nestas 18 adegas durante a recolección das diferentes variedades autóctonas de Rías Baixas. O visitante pode percorrer algún dos seus viñedos, ver a recepción de uva, o despalillado e rematar a visita cunha degustación de viños.

Ademais, a Ruta do Viño Rías Baixas tamén realizará este ano a súa tradicional cata de vendima. Celebrarase en Pontevedra o próximo 27 de setembro ás 20:00 horas na sede do Consello Regulador Rías Baixas.

Visitas especiais durante a vendima

Estas catro adegas prepararon diferentes percorridos especiais para amosar ó enoturista a vendima e mesmo facelo partícipe.

Na adega As Laxas para vivir a experiencia da vendima deben achegarse hoxe ou mañá, previa reserva. O visitante poderá mergullarse na súa historia, coñecer ao detalle a vendima e participar na elaboración do viño Laxas 2024 a través dunha experiencia Premium ou VIP. Ambas inclúen gozar da gastronomía local nun restaurante da zona. Más información en aslaxas@bodegasaslaxas.com.

Na adega Mar de Frades o percorrido comeza en Leira Valiñas, o seu viñedo a pé de adega, onde poderán catar a uva Albariño, para logo ver como se desenvolve o proceso de recepción de uva en adega, a toma de mostras, a selección de acios e, como non, a cata dos primeiros mostos, seguida pola de mostos en fermentación ata acabar na Terraza de Mar de Frades, enfronte da Ría de Arousa, vendo atardecer e gozando de tres dos seus viños cun aperitivo a base de produtos da ría. Podes reservar e solicitar máis información aquí.

Vendimiadores por un día é a proposta de Terras Gauda para mañá sábado 14 de setembro. Unha oportunidade única de converterse en vendimiadores por un día. Ó mesmo tempo, a experiencia permite coñecer en detalle o proceso de elaboración dos seus viños, así como realizar unha cata de mostos na que identificar as particularidades de cada unha das variedades de uva. A xornada remata cunha degustación de tres dos seus viños acompañados dun aperitivo. Para solicitar máis información poden escribir a enoturismo@terrasgauda.com

Sentir a vendima desde o prisma dunha cooperativa é a invitación de Paco & Lola, de luns a venres en horario de 13.00 e 16.00 horas. Ver a fileira de tractores durante a recepción da uva á súa entrada en adega, o seu pesado, a medición da gradación alcohólica da man dos técnicos… é unha experiencia para vivir. Máis información en enoturismo@pacolola.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información