ADEGAL defende o efecto positivo que tivo Mercaproximidade para os produtores de pataca da Limia

Publicidade
ADEGAL defende o efecto positivo que tivo Mercaproximidade para os produtores de pataca da Limia

A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) defende o efecto positivo que tivo Mercaproximidade, a canle de comercialización impulsada pola Consellería de Medio Rural, para darlle saída comercial durante os meses de abril e maio á pataca que tiñan almacenada os agricultores da Limia, debido a que o peche da hostalaría a raíz do coronavirus paralizou as vendas deste tubérculo para a industria de frito.

En resposta ás críticas do Sindicato Labrego Galego, dende ADEGAL aseguran que “o prezo medio que se lle pagou ao produtor foi digno e estivo entre 15 e 20 céntimos o quilo, dependendo do estado de convervación da pataca e do formato de venda”.

“O peche da hostalaría durante a crise do coronavirus creou un grave problema da comarca: había almacenados 4 millóns de quilos de pataca, sobre todo da variedade Agria, e había que darlles unha saída comercial, pois do contrario teríamos un problema moito maior, non só de perdas económicas na comarca, senón tamén de xestión de resíduos”, defenden dende a asociación.

Ademais, subliñan que “nin a distribución nin os almacenistas se lucraron con esta operación, pois do que se trataba era de vender un produto perecedoiro o antes posible, e para iso fíxose unha oferta de prezos aos consumidores para que tivera maior reclamo”. “Logrouse pagar un prezo digno aos agricultores que se acolleron a esta canle de Mercaproximidade, e as marxes tanto dos almacenistas como da distribución foron reducidas”, conclúen dende ADEGAL.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información