Adega organiza un encontro sobre a xestión sustentable do monte en Agolada

Este sábado terá lugar en Agolada (Pontevedra) unha xornada que leva por título ‘Xestión sustentábel do monte: o caso do sobreiral do Arnego. Dos vellos usos ás novas estratexias de conservación’. A cita terá unha sesión de tarde na que se realizará unha visita ao Sobreiral do Arnego para dar a coñecer o espazo e as actuacións alí desenvolvidas.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) organiza unha xornada para dar luz sobre as estratexias de conservación de cara a sustentabilidade dos montes. A cita arrancará ás 10.30h da mañá cunha mesa redonda sobre a multifuncionalidade do monte, que dará pé a un debate sobre os usos e posibilidades do monte desde o punto de vistas social, ecolóxico e económico.

Ao longo da mañá intervirán diferentes conferenciantes expertos nesta temática -Jesús de la Fuente, Cristina Gende, Ramsés Pérez ou Paco Bañobre- quen exporán diversos conceptos na liña da multifuncionalidade do monte e as novas estratexias e ferramentas de conservación -como é o caso da custodia do territorio-. Cara ao final da mañá, Paco Bañobre detallará a evolución e liñas de actuación desenvolvidas en casos concretos.

A saída da tarde ao Sobreiral do Arnego estará guiada polo persoal de ADEGA en compañía do biólogo Cosme Damián Romay coa finalidade de dar a coñecer as intervencións concretas realizadas neste monte. Durante a ruta recolleranse landras de sobreiras que servirán para facer un pequeno viveiro que permitirá nun futuro repoñer árbores afectadas polo fungo ‘Stereum hirsutum’.

A participación deste encontro é gratuita pero precisa unha inscripción a través da organización ecolóxica (616 23 80 50, Paco Banhobre). O programa estrutúrase da seguinte maneira:

Sesión da mañá
10.30h Presentación do Encontro
11.00h Monte multifuncional e necesidades rurais Jesús de la Fuente
11.30h O Sobreiral do Arnego, Cristina Gende
12.30h Descanso
13.30h A custodia do territorio como ferramenta de conservación, Ramsés Pérez
14.00h Actuacións de conservación ambiental, María Amigo
Sesión da tarde
16.00h Visita ao Sobreiral do Arnego
18.00h Recollida de landras
18.30h Remate do Encontro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información