Actualizadas as listaxes dos mellores touros Holstein

Xa están dispoñibles as valoracións e listaxes de touros nacionais, MACE e G-MACE en o buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados en CONAFE a través de SINBAD. Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT.

As valoracións internacionais aquí presentadas son as probas oficiais dos touros en España e permite de forma independente e obxectiva comparar o nivel xenético dos touros de diferentes orixes na mesma escala na que se avalían as femias da gandaría.

Nas listaxes internacionais inclúese o campo Rexistrado onde se indica co símbolo ® tras o código xenealóxico que ese touro está debidamente rexistrado en CONAFE e estase comercializando en España.

Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado. Actualmente están rexistrados en CONAFE 5.747 touros, dos cales 5.635 teñen proba en base española que pode ser consultada e poden ser utilizados en axustes.

En total están avaliados 166.362 touros Holstein. Destes 4.112 teñen proba nacional con fillas, 4.618 proba nacional sen fillas (só xenómica), 132.830 proba MACE e o resto GMACE. 

– Mellores touros MACE con fiabilidade superior ao 80% en Produción e Tipo

– Mellores touros MACE con fiabilidade inferior ao 80% en Produción ou Tipo

– 100 Mellores Touros Xenómicos Españois


– 
100 Mellores Touros xenómicos españois por IM€TLEITE

– 100 Mellores Touros xenómicos españois por IM€TQUEIXO

– 100 Mellores Touros xenómicos españois por IM€TPASTO

– 100 Mellores Touros xenómicos españoiss por IM€TECO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información