Actualizada a normativa sobre os centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de animais

Actualizada a normativa sobre os centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de animais

O Consello de Ministros aprobou este martes un real decreto para actualizar a normativa relativa aos centros de limpeza e desinfección de vehículos para o transporte de animais. O propósito é adaptala á situación e ás necesidades do sector gandeiro do momento.

En concreto, a nova normativa modifica o contido do Real Decreto 638/2019, que establece as condicións básicas que deben cumprir os centros de limpeza e desinfección dos vehículos dedicados ao transporte por estrada de animais vivos, produtos para a alimentación de animais de produción e subproductos de orixe animal non destinados ao consumo humano, e polo que se crea o Rexistro nacional de centros de limpeza e desinfección.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, con esta iniciativa, permitirá aos centros que xa operan que poidan acollerse a excepcións para manter a súa actividade mentres se adaptan á nova normativa. Todo iso, sen deixar de garantir o cumprimento dos estritos requisitos marcados para evitar que o transporte, desde o punto de vista sanitario, sexa un foco de riscos para a cabana gandeira.

A nova regulamentación dará tamén resposta a outra necesidade do sector, e é a de poder axilizar o proceso de desinfección coa utilización de vehículos auto desinfectantes que realicen esta tarefa durante o traxecto. Estes vehículos, que si terán que acudir a un centro autorizado para a súa limpeza, han de estar equipados cun sistema que garanta a inactivación dos axentes patóxenos.

Esta medida reducirá os tempos das actuacións que debe acometer o sector, do mesmo xeito que o fixo o rexistro nacional de centros de limpeza e desinfección, un sistema informático posto en marcha tras a entrada en vigor do Real Decreto 638/2019 e que permite minorar o proceso de rexistro dos vehículos, as operacións e os controis efectuados nos centros.

Outra das novidades que se introduciron é a especificación como matadoiros de baixo risco a aqueles de manipulación de caza, os móbiles e os situados nas illas Baleares e Canarias cuxos vehículos efectúen transporte exclusivamente no ámbito insular. No caso particular dos matadoiros móbiles, ao ser baixa capacidade, presentan un risco ínfimo de transmisión de enfermidades, polo que non é preciso que conten cun centro de limpeza e desinfección.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información