Actualizada a App da Xunta para desfrutar do enoturismo en Galicia

Publicidade
Actualizada a App da Xunta para desfrutar do enoturismo en Galicia

No marco do compromiso que a Xunta mantén coa promoción dun turismo diferenciado e de calidade e, especialmente, dun turismo de alto valor engadido como o enolóxico, a Xunta vén de publicar tanto na súa web como nas tendas de Google Play e Apple Store a renovada app Enoturismo en Galicia, que se pode descargar de balde para coñecer os recursos enoturísticos ofertados polas cinco Rutas do Viño de Galicia.

Nesta versión actual cambiouse a interfaz e a presentación de cada Ruta do viño, así como a maneira de ofrecer a información, que é a maior novidade que presenta a nova app. Así, a app aliméntase directamente da información existente na sección de enoturismo “Paseando entre viñedos” da web de Turismo de Galicia, polo que, na medida que os establecementos adheridos modifiquen os seus datos, estes aparecerán xa actualizados na aplicación. Do mesmo xeito, cando se vaian engadindo novos socios ou algún se dea de baixa, tamén se reflectirá na app.

A nova app Enoturismo de Galicia ofrece un total de 215 recursos turísticos das rutas do viño de Valdeorras, Ribeira Sacra, Rías Baixas, Ribeiro e Monterrei, moitas das cales veñen de reabrir para esta Semana Santa con novas propostas de lecer adaptadas ás novas circunstancias, respectando os protocolos e restricións de carácter hixiénico-sanitario.

Trátase dunha proposta ideal para gozar do territorio a través de catas, visitas a museos ou actividades culturais e termais que xa se ofertan nas catro provincias galegas.

Información en galego, castelán e inglés

A través desta aplicación os usuarios poden visualizar toda a información vencellada a cada unha das rutas, con posibilidade de localizar os recursos no mapa ou seleccionalos por aloxamentos, adegas, tendas ou restaurantes. A información proporciónase en galego, castelán e inglés, optando o usuario polo idioma que prefira desde o botón “configuración” na pantalla de presentación.

Existe a posibilidade de velos por listaxe ou por localización no mapa o que permitirá que o usuario poida coñecer sobre o terreo os recursos enoturísticos á súa disposición. En cada ficha poderemos ver fotografías, unha breve descrición do recurso, a localización no mapa, datos de contacto, dirección postal , acceso a web así como chamada directa.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información