O Centro de Formación Rural Efa-Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), ven de facer público o seu programa de actividades para os próximos meses.
Como actividades de formación continua máis próximas e que están abertas ao público xeral destacan as “Xornadas de Muxido e Calidade do Leite”. Desenvolverase os días 13, 14,15 e 16 e o 24 de maio.
Outra actividade a salientar é o “Curso de horta ecolóxica” ou o Programa Integral de Formación en Apicultura. En canto ás visitas, destaca a que realizarán a Xenética Fontao o día 12 de xuño.
Velaquí o programa completo de actividades: