Acruga celebra este luns a poxa de xovencas na Granxa Gayoso Castro

Fecha: 01-12-2021.- Lugo .- Granja Gayoso Castro, subasta en el centro de recría

Fecha: 01-12-2021.- Lugo .- Granja Gayoso Castro, subasta en el centro de recría

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, poderá por fin celebrar o vindeiro luns, día 16, a poxa de xovencas na Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, despois de que fose aprazada en varias ocasións ao estar a granxa inmobilizada por falsos positivos e probas non concluíntes, que tras as análise preceptivas deron negativa. Finalmente, a partir das doce da mañá do luns poderase poxar por nove xovencas, 8 preñadas e unha parida, de máis de seis meses de idade e cun prezo de saída de 2.000 euros.

Como é habitual, para incentivar aos posibles compradores, Caixa Rural Galega ofrece unha axuda de 200 euros por exemplar. Os interesados poderán retirar o cartón a partir do once da mñana no mesmo recinto do centro de recría de Castro Ribeiras de Lea.

Desde Acruga mostran a súa satisfacción de que por fin se poida celebrar esta poxa aínda que lamentan as inmobilizaciones sufridas ao longo de todo este ano, que “impediron seguir coa actividade habitual, e o que é peor, dar resposta á alta demanda de xovencas”. “Ademais das cancelacións de poxas outro dos prexuízos causados por esta situación é que a inmovilización do centro de recría durante tantos meses impediu incorporar animais procedentes dos socios gandeiros; son exemplares de elevado valor xenético que serían aptas como reprodutoras e que, en cambio, van ao matadoiro coa perdida que iso supón para a raza e o prexuízo económica para os criadores”, advirten dende ACRUGA.

Proba do que significou esta situación en varias ocasións ao longo do ano, é que o número de animais adxudicados en poxa durante o ano que acaba de terminar foi de 34, fronte ás 64 xovencas vendidas no 2021. Isto, a xuízo da directiva de Acruga, tamén prexudica aos gandeiros, porque teñen dificultades para atopar animais de raza Rubia Galega coas que repor os animais que descartan ou cos que aumentar o seu censo e poder medrar. Ademais, o número de animais dispoñibles para poxas durante o ano 2023 verase diminuído.

Fecha: 01-12-2021.- Lugo .- Granja Gayoso Castro, subasta en el centro de recría

Fecha: 01-12-2021.- Lugo .- Granja Gayoso Castro, subasta en el centro de recría

Un ano de inmobilizacións

Desde a directiva de Acruga explican que a primeira inmovilización deste 2022 produciuse o 10 de xuño como resultado dun saneamento, o que obrigou a cancelar unha poxa prevista para o día 11 en Moeche. Esta inmovilzacion impide ademais que asistan xovencas á poxa nacional de Adai de xuño, a máis importante do ano. Non poden acudir tampouco a Feiradeza de Lalín onde este ano Acruga presentábase por primeira vez. Finalmente, participou co concurso e a exposición, pero non puido levar a cabo a poxa prevista, como tampouco se puido realizar a que estaba programada para o 24 de xullo no Courel.

Responsables de Acruga lembran que neste caso, o animal reacionante foi enviado a matadoiro e tras esperar os 45 dias correspondentes os resultados foron negativos, polo que se realizaron de novo as probas a todo o rabaño, con resultados correctos o día 22 de agosto.

A primeira semana de outubro vólvese a efectuar o saneamento e de novo resulta un animal reaccionante, o que obriga a outra inmovilización que leva a cancelar outra vez a poxa do Courel prevista para o 16 de outubro. Ademais, esta situación impide a asistencia de xovencas á poxa de Adai celebrada o 5 de novembro.

Seguindo o protocolo o animal envíase a matadoiro e tras 45 días repítese a campaña de saneamento cuxa lectura se realiza o venres 16. Todos os animais resultan negativos a tuberculina, polo que se programa a poxa na propia granxa Gayoso Castro para o día 21 de decembro.

Membros da directiva de Acruga explican que cando se solicitan os certificados oportunos infórmanos de que ademais das probas de tuberculina correspondentes fíxose un sangrado de animais para leucose bovina e perineumonía e que os resultados destas análises non estarán dispoñibles até o venres día 23; decídese entón aprazar a poxa ao día 26 xa que todo indica que os resultados serán negativos por tratarse de dúas enfermidades das que Galicia se considera libre.

A pesar diso, o venres 23 infórmase a Acruga que un dos animais arroxou un resultado á proba de leucose bovina “non concluínte”, o que provoca a inmobilización do centro de recría á espera de que a analítica se repita no Laboratorio de Sanidade Animal de Algete, centro de referencia para esta enfermidade, o que provoca unha nova cancelación da poxa.

Finalmente, os resultados procedentes de dito laboratorio foron negativos, polo que a poxa poderá por fin celebrarse o luns 16, a partir das doce da mañá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información