Acruga amosa o seu apoio á folga de entregas dos gandeiros de Ternera Gallega Suprema

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega (ACRUGA) quere mostrar o seu apoio aos produtores da asociación Gandeiros Galegos da Suprema, moitos deles pertencentes a Acruga, ante as medidas adoptadas para protestar polos baixos prezos da carne e a escalada dos costes de produción.

En opinión do presidente de Acruga, César Dorado, “a actual situación é moi complicada para moitas gandeiras e gandeiros, que ven como os custos de produción e recría non compensan os baixos prezos que se están a pagar pola carne”.

César Dorado sinala ao respecto que “dende Acruga levamos anos demandando das distintas adminsitracións unha resposta común a unha situación cada vez máis difícil. Os baixos prezos da carne e o incremento dos costes de produción ante a subida dos prezos dos pensos, combustibles, electricidade, etc, complican cada vez máis a supervivencia das nosas explotacións”.

Por iso, o presidente de Acruga anuncia que “queremos mostrar o noso apoio a esta reivindicación ao tempo que reclamamos unha vez máis que dunha vez por todas as administracións fixen de xeito conxunto unha folla de ruta coa que reverter a difícil situación que atravesa un dos sectores estratéxicos da nosa economía”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información