Acordos de Ence en Ribadeo para compras en couto redondo

A compañía renova tamén un convenio con Promacer, de Cerdido, para adquirir entre 25.000 e 40.000 toneladas de madeira no 2016

Acordos de Ence en Ribadeo para compras en couto redondo

A venda de madeira en couto redondo permite optimizar custos de saca.

Ence continúa a pechar acordos conxuntos de compra con asociacións de propietarios do norte galego. En Ribadeo, a compañía chegou a un acordo con produtores forestais para adquirir máis de 5.000 toneladas de madeira en couto redondo, é dicir, procedente de fincas colindantes que agrupan a súa oferta para lograr mellores condicións.

As vendas en couto redondo permiten unha maior eficiencia no aproveitamento e traslado de madeira, o que reduce custos e aumenta beneficios para Ence e tamén para os propietarios, xa que desde este ano a compañía prima en ata 4,5 euros por tonelada a madeira procedente de coutos redondos, unha figura de compra que permite mitigar os efectos negativos do minifundio.

Cerdido
En Ortegal, Ence vén de asinar outro convenio coa Asociación de Produtores de Madeira de Cerdido (Promacer) para a compra de entre 25.000 e 40.000 toneladas de madeira de eucalipto no vindeiro ano. Este acordo consolida a relación estable que a empresa pasteira vén mantendo con Promacer desde o 2012.

A compañía incide en que a boa cotización internacional da pasta de celulosa está a permitir que o prezo da madeira de eucalipto acade en Galicia “máximos históricos”. Ence lembra que desde este verán reforzou as primas que abona pola mellora do prezo da celulosa, que continúa a moverse á alza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información