Acordo entre Abanca e a DO Monterrei para facilitar os novos prazos de pagamento da uva

O banco e a Denominación de Orixe lanzan unha póliza de crédito para que as adegas podan cumprir cos prazos de pago da uva que establece a Lei da Cadea Alimentaria

Publicidade
Acordo entre Abanca e a DO Monterrei para facilitar os novos prazos de pagamento da uva

Asunción Rodríguez Zarraquiños e Jesús Combarro Pereira.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e ABANCA asinaron hoxe unha nova liña de cooperación co obxectivo de facilitar o crédito aos viticultores e ás adegas da bisbarra de Monterrei. Ambas as dúas entidades inician unha colaboración que pon a disposición do sector vinícola un amplo catálogo de produtos especificamente deseñados para eles.

Na firma participaron a presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Asunción Rodríguez Zarraquiños, e o director de Banca Agro e Mar de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

Satisfacer as principais demandas

O texto acordado senta as bases para tratar de atallar as principais preocupacións ás que teñen que facer fronte as adegas e viticultores. Deste xeito, os profesionais que pertencen a esta D.O. poderán optar a unha póliza de crédito cun prazo de ata cinco anos que permite compensar as demandas da Lei 12/2013 da Cadea Alimentaria en materia de cadea alimentaria. Esta regulación esixe pagamentos nun prazo máximo de 30 días para importes maiores a 2.500 euros e con este produto as adegas poden facer fronte ao pagamento da uva aos viticultores dun xeito flexible.

A firma deste convenio tamén responde ás necesidades de financiamento que teñen algunhas adegas polas súas exportacións. Estas operacións, que rexistraron importantes incrementos nas últimas campañas, contribúen a proxectar e consolidar a imaxe internacional da denominación.

Financiamento para os pequenos viticultores

O convenio tamén pretende dar resposta aos pequenos produtores, que optan a un financiamento adaptado ás súas necesidades. Así, a entidade financeira ofrecerá alternativas en anticipos de subvencións sen comisións para que os viticultores obteñan crédito segundo as súas necesidades. O acordo tamén inclúe outros produtos como confirming, convenios oficiais do ICO ou Igape ou seguros, adaptados a cada cliente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información