Ence continúa a pechar acordos coas asociacións de propietarios forestais do norte galego. O último foi asinado con Promamondo, que agrupa a veciños de Mondoñedo, para a venda de arredor de 1.700 toneladas de madeira ó mes. Ese volume de vendas manterase ata outubro deste e ano e suporá a mobilización de 3-4 camións de madeira ó día, segundo as estimacións de Ence.
O acordo entre Ence e Promamondo inclúe as primas fixadas por Ence á produción de madeira sustentable que conte cos selos de certificación PEFC e FSC. Con eses incentivos, a compañía garántese o aprovisionamento de materia prima que unha vez transformada, poderá certificar cos correspondentes selos para a súa venda nos mercados internacionais.
O esquema de prezos definidos tamén prevé a suba do prezo da madeira cando se produzan aumentos na cotización da pasta de papel, unha tendencia que se vén mantendo nos últimos meses.