O Foro do Sector Primario Galego convoca para este venres, 17 de abril, unha manifestación en Santiago de Compostela contra o acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur. A protesta está convocada para as 10:30 horas diante do Parlamento de Galicia..
”O sector primario galego di ABONDA! ante a situación de abandono institucional e a crise dos contratos do leite. O acordo do Mercosur só profunda esta situación e cun goberno que non está á altura do noso sector”, denuncian dende o Foro do Sector Primario Galego.

Asociacións convocantes:
ASOCIACIÓN DE PRODUCTORAS ALIMENTA
ASOCIACIÓN APÍCOLA GALEGA
ASOCIACIÓN APÍCOLA LUCENSE
ASOCIACIÓN ECOLOXISTA ADEGA
ASOCIACIÓN ESTRUGA ESPAZO AGROECOLÓXICO
ASOCIACIÓN GANDEIRA DA RUBIA DO PAÍS
ASOCIACIÓN AGA
ASOCIACIÓN PARA A DESENTINSIFICACION NON AGRO “AEDA”
CARQUEIXA ASOCIACIÓN DOS ANCARES
CASA DO MEL
ASOCIACIÓN DE CONSUMIDORES ACOUGA
FRUGA
FUNDACIÓN TERRUM
GANDEIRAS E GANDEIROS GALEGOS ELAS ELES
SINDICATO LABREGO GALEGO
Galego









Control OJD