Aclaración sobre as axudas da PAC para os cultivos secundarios

Aclaración sobre as axudas da PAC para os cultivos secundarios

O pasado 5 de abril o Diario Oficial de Galicia publicaba unha corrección de erros pola que se aclara que non se poderán solicitar axudas para os cultivos secundarios. É dicir, segundo a información facilitada por fontes do FOGGA, se sementamos un cultivo en outono como secundario e este é un cultivo proteico (pode ser superficie SIE), como veza, chícharo ou fabas, non podemos pedir axuda por el como cultivo secundario, xa que os cultivos proteicos xa teñen unha axuda específica da PAC, polo que as axudas solicitaranse soamente en función do cultivo principal.

¿Séguense admitindo os cultivos proteicos da SIE para diversificación de cultivos?
Se son fixadores de nitróxeno (hai cultivos proteicos non fixadores de nitróxeno coma o xirasol), si. Pero hai que ter en conta que un cultivo declarado como secundario para SIE non serve para diversificación. Para isto considéranse únicamente os cultivos declarados no período principal (de maio a xullo).

Polo tanto, o que teña que facer diversificación vai ter que implantar dous (para as explotacións con máis de 10 has de terras de cultivo) ou tres cultivos (para as de máis de 30 has de terras de cultivo) no período principal de cultivo. Se estes cultivos non son SIE ningún deles, poderá, en outono, implantar cultivos SIE, unha vez que recolla os cultivos do período principal.

¿Vai haber que facer barbeito ou non?
Eso é unha elección do solicitante. Este ano, a diferencia do anterior, o feito de poder declarar un cultivo secundario para SIE (en outono), permite xustificar a SIE sin ter que implantar un cultivo principal para tal efecto nin ter que deixar a terra a barbeito durante un ano

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información