Achégase a Feira do Queixo de Moeche, na que participarán máis de 50 produtores

moeche feira queixo 4Trinta e tres queixerías galegas e doutras partes do Estado español confirmaron xa a súa participación na sétima edición da Feira do Queixo de Moeche, que terá lugar o vindeiro, domingo, 30 de marzo, desde as 10.00 horas.

Ás produtoras queixeiras súmanse os postos de alimentación, moitos deles dentro do selo galego de Artesanía Alimentaria. Esta nova cita da feira manterá no seu programa o Tren do Queixo, para facilitar os desprazamentos na liña de ferrocarril de vía estreita desde Ferrol, e ofrecerá un variado programa que inclúe catas comentadas, obradoiros infanơs, música, visitas ao castelo, maxia e sorteos, entre outras acƟvidades, para ofrecer unha xornada de lecer para todas as idades.

A presentación oficial da feira terá lugar este xoves, coincidindo co Día Mundial do Queixo, e trasladarase nesta ocasión ao Castelo de Moeche. Ao acto de presentación aos medios de comunicación estarán convidados produtores, entidades asociativas e establecementos de hostalería do municipio e do resto da comarca.

Esta nova edición reforza a consolidación desta feira no calendario de eventos gastronómicos galegos, como referente da produción artesá de queixo e da artesanía agroalimentaria, en definitiva dos produtos da máis alta calidade.

Ao tempo reflicte a aposta do Concello de Moeche pola potenciación do sector lácteo e polo queixo en particular, como unha das xoias da produción artesanal da comarca.

CARTAZ FEIRA DO QUEIXO MOECHE

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información