Aceites Abril presenta a nova colleita do seu Aove Abril Oliveiras Galegas

A empresa ourensá presentou en Xantar unha edición limitada e numerada de máis de 4.500 botellas de 250 ml que se distribuirán a través da tenda online de Aceites Abril

Aceites Abril presenta a nova colleita do seu Aove Abril Oliveiras Galegas

Aceites Abril presentou de modo oficial a colleita que se utiliza para a elaboración do seu Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE) Oliveiras Galegas. Os asistentes ao showcooking celebrado na caseta que a empresa ourensá ten no 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2016 tiveron a oportunidade de degustar este produto e de ver o seu potencial na cociña.

O AOVE Abril Oliveiras Galegas conta cunha edición limitada e numerada de máis de 4.500 botellas de 250 ml, que se distribuirán a través da tenda online de Aceites Abril.

Os oliveirais dos que se extraen os froitos para elaborar o AOVE Oliveiras Galegas sitúanse nas provincias de Ourense e de Pontevedra, aínda que a que conta con maior produción é a primeira, xa que foi na zona onde de iniciou o proxecto de recuperación do cultivo da oliveira en Galicia, posto en marcha por Aceites Abril.

Esta iniciativa “é hoxe en día un feito palpable”, afirmou a responsable do Departamento de Agro de Aceites Abril, Manuela González. “É xa unha realidade que avanza cada ano ao redor das 50.000 oliveiras, o que fai que moitos agricultores se sumen a este cultivo, porque están a comprobar o resultado de plantacións realizadas nestes anos anteriores e cren que é unha boa oportunidade de ter as súas leiras en produción, e cun produto moi especial”, conclúe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información