Aceites Abril pon en funcionamento unha segunda liña de refinado para seguir medrando

A planta ocupa unha superficie de case 32.000 metros cadrados no polígono de San Cibrao das Viñas e permitirá procesar 900 toneladas diarias de aceite de oliva e xirasol

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, junto al conselleiro do Medio Rural, José González, este martes en las instalaciones de Aceites Abril

Alberto Núñez Feijóo e José González este martes nas instalacións de Aceites Abril

A empresa ourensá Aceites Abril acaba de inaugurar unha segunda liña de refinado na súa planta de San Cibrao das Viñas. Dita instalación, que complementa a xa existente desde 2015, a primeira deste tipo posta en marcha en Galicia, garantirá a súa capacidade de produción para continuar a súa expansión nacional e internacional.

A familia Pérez Canal, propietaria da compañía, acompañou este luns a todos os asistentes durante a visita institucional encabezada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen estivo acompañado do conselleiro de Medio Rural, José González.

O conselleiro delegado de Aceites Abril, Luís Pérez Canal, foi o encargado de guiar á comitiva oficial tanto pola nova liña de refinado como pola planta de envasado. No acto oficial Luís Pérez Canal fixo un repaso pola historia desta empresa familiar fundada no tradicional barrio da Ponte, en Ourense, e que despois de 60 anos continúa incrementando as súas cifras de negocio e exportación, como unha empresa referente a nivel galego.

Cunha facturación de 300 millóns de euros, Aceites Abril conta actualmente cun cadro de persoal de 146 traballadores

No seu discurso, o conselleiro-delegado destacou que “o investimento total do proxecto de ampliación alcanzou a cifra de oito millóns e medio de euros”. Estas instalacións permiten a Aceites Abril ampliar a súa capacidade de refinado, proceso mediante o cal “se eliminan o exceso de acidez e de cor do aceite procesándoo para convertelo en apto para o consumo”.

Aceites Abril alcanzou unha cifra de 199 millóns de litros de aceite comercializados durante o último exercicio, con exportacións a 60 países

Estas plantas, sumadas ás do porto de Vilagarcía de Arousa (uns tanques de almacenamento con capacidade para trece mil toneladas) son o resultado do proceso de modernización e ampliación que afronta a empresa desde 2015 e que lle permitiu ter presenza en máis de sesenta mercados, con exportacións tan afastadas como Paquistán, Bangladesh, Nepal, Libia ou Corea do Sur. O incremento das vendas en tendas e supermercados dos produtos de Aceites Abril non supliu, sen embargo, a caída na canle HORECA, arrastrada polos peches intermitentes da hostalería debido á pandemia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información