O Colexio Oficial de Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG) está a iniciar unha serie de accións formativas orientadas principalmente a profesionais da industria forestal madeira e estudantes universitarios desas áreas, así como outras persoas interesadas.
A iniciativa enmárcase nunha convocatoria da Axencia Galega da Industria Forestal XERA para impulsar a competitividade da industria forestal madeira.
As accións formativas deseñadas polo COETFG oriéntanse a reforzar o talento profesional no sector, abordando posibilidades de innovación e melloras tecnolóxicas.
A primeira fase dos cursos conta con accións en QGIS, a plataforma Mercamadeira e o uso de drons no sector.
- 22 de novembro – Curso de implantación de QGIS na oficina técnica (nivel básico, 28 horas, presencial e online)
- 25 de novembro – Webinar da plataforma Mercamadeira, como punto de encontro para a venda de lotes de madeira
- 4 de decembro – Webinar sobre uso de drons no sector da industria forestal e dos recursos naturais.
Podes obter máis información e inscribirte na web do COETFG.
Galego









Control OJD