A D.O Monterrei formou parte da iniciativa ‘Vinos y Viños. Tegueste y Galicia se encuentran’, impulsada polo concello da Villa de Tegueste e a Asociación de Tegueste (AVITE).
A iniciativa, enmarcada dentro do Mercadillo do Agricultor, buscaba mostrar a excelencia do produto de Monterrei, así como o das bodegas locais, e das denominacións de Arona, Valle de Güimar, as catro restantes galegas e de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
O evento contou coa presenza de membros do Consello Regulador e permitiulles compartir coñecementos e experiencias entre territorios con identidade vitivinícola propia, á vez que se contribuíu á dinamización económica local e á promoción dos produtos do sector agroalimentario.
O Goberno de Canarias colaborou no evento da man do Instituto Canario de Calidad Agroalimentaria (ICCA) e GMR Canarias, por medio de Volcanic Xperience.

Galego









Control OJD