O atraso no ensilado de herba debido ás choivas primaverais pode ser un problema no caso de que as granxas estean escasas de forraxe. Para facer fronte a esa posibilidade, Pioneer conta co inoculante ‘Rapid React’, que permite abrir un silo de herba en só 7 días, en lugar dos 30 días habituais de período mínimo de espera.
É unha solución que mestura bacterias homofermentativas e heterofermentativas coa nova bacteria patentada ‘Lactobacillus buchner’. O inoculante Rapid React permite que a forraxe alcance a estabilidade en só 7 días e comprobouse en campo como unha solución acertada cando non é posible esperar o período habitual.