Abril foi un dos meses máis cálidos en Galicia en anos

Aemet informa de que as precipitacións non alcanzaron a media normal para o mes e nalgunhas zonas de Galicia as temperaturas superaron en 2ºC os valores medios.

Publicidade
Abril foi un dos meses máis cálidos en Galicia en anos

Abril, ao igual que marzo, foi un mes cálido e con precipitacións inferiores aos valores normais para esta época do ano en Galicia. Este é o balance que se desprende do último resumo climático da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).

En canto ás temperaturas, o mes de abril foi cálido en toda Galicia, con amplas zonas nas que as temperaturas medias resultaron superiores aos valores normais en máis de 2º C. As mínimas máis baixas alcanzaron aínda valores negativos ou próximos a 0º C en zonas do interior por enriba dos 300 m (-1.5 en Beariz o día 4 como mínima absoluta) e entre 4 e 5º C nas proximidades da costa (4.8 º Cen Ribadeo o día 7).

As máximas máis elevadas rexistráronse os días 2 e 13 e chegaron a alcanzar os 30º C (30.1 en Vilagarcía de Arousa e 30 en Ribadavia os días 13 e 2). No que respecta a temperaturas medias Aemet conclúe que abril de 2015 se encontra en xeral entre os 4 ou 5 máis cálidos dos últimos 20 anos.

Precipitacións inferiores á media, sobre todo na primeira quincena

Ao igual que o precedente, este mes resultou seco en toda Galicia. As precipitacións máis importantes rexistráronse durante a segunda quincena, especialmente os días 25 e 30 cando en distintas estacións de Rías Baixas e Costa da Morte chegaron a superarse amplamente en 24 horas os 40-50 l/m2.

Rexistráronse tormentas un total de 10 días, cifra que, segundo Aemet, se pode considerar normal para un mes de abril en Galicia. Destacan as rexistradas o día 21 que afectou principalmente á metade occidental da Comunidade e chegaron a acumularse cantidades entre 12 e 15 l/m2 en media hora en estacións do oeste de Ourense e interior da Coruña e Pontevedra.

Fonte: Aemet

Fonte: Aemet

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información