Ábrese todo o ano o prazo para alugar as parcelas do Banco de Terras que non tivesen demanda

As persoas interesadas en arrendar estes predios non terán que agardar ata os prazos de presentación habituais, que se abren dúas veces ao ano durante dúas semanas

Ábrese todo o ano o prazo para alugar as parcelas do Banco de Terras que non tivesen demanda

A presentación electrónica de solicitudes de arrendamento dos predios rústicos incorporados ao Banco de Terras foi regulada e así o indica a Consellería do Medio Rural. Esta ferramenta facilitará os trámites de arrendamento dun 76 % dos terreos dispoñibles neste instrumento, o que contribuirá a evitar o abandono e garantir un medio rural produtivo e sustentable.

Así, xa se poden alugar xeito más sinxelo as parcelas que se atopen en estado de dispoñible sen concorrencia, é dicir, daquelas que non recibiran ningunha solicitude válida ou que foran resoltas negativamente. En concreto, trátase de máis de 5.000 parcelas actualmente. A principal novidade con respecto ao procedemento existente ata o de agora é que os interesados en arrendar estes predios non terán que agardar ata os prazos de presentación habituais, que se abren dúas veces ao ano durante dúas semanas, os primeiros días hábiles dos meses de maio e novembro.

Cabe sinalar que estes prazos seguirán vixentes para todos os novos terreos que se incorporen e que teñen que pasar obrigatoriamente por este proceso de concorrencia. Se despois de pasar por este procedemento non reciben solicitudes ou se resolven negativamente, pasarán ao estado de dispoñible sen concorrencia.

Na actualidade hai 19.000 parcelas incorporadas ao Banco de Terras, que supoñen máis de 7.000 hectáreas ofertadas para que todas aquelas persoas que así o desexen poidan solicitar o seu arrendamento. Dentro delas, 6.856 parcelas están arredadas ou en proceso de arrendamento e máis de 6.000 en estado de dispoñible: arredor de 5.000 dispoñibles sen concorrencia e outras 1.000 con concorrencia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información