Dende o día 1 de marzo está aberto o prazo para facer solicitudes de fincas incorporadas no Banco de Terras de Galicia. O prazo estará aberto ata o 30 de abril.
A incorporación de fincas polos seus propietarios/as así como os arrendamentos pactados pódense tramitar ao longo de todo o ano.
Máis información nas oficinas do Banco en Santiago de Compostela e nas Oficinas Agrarias Comarcais da Xunta de Galicia.
Novidades da nova versión de SITEGAL
A nova versión de SITEGAL xa está operativa. Con ela mellóranse aspectos do xestión do Banco e se incorporan novas funcionalidades, como a busca de parcelas polas súas coordenadas.
Información:
Na web do Banco de Terras: http://sitegal.xunta.es/
Enderezo:
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Subdirección de Mobilidade de Terras
Lugar da Barcia, nº 56, Laraño
15897 – Santiago de Compostela (A Coruña)
Para calquera dúbida pode chamar ao teléfono 881 997 193.