O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan algo máis de 17 millóns de euros en axudas para os produtores de carne galegos, co obxectivo de mitigar as consecuencias da invasión rusa de Ucraína. Son as axudas das que xa se lle facilitaron anticipos a parte das explotacións no mes de setembro, a través das entidades bancarias.
Trátase dunha medida extraordinaria e excepcional para compensar as dificultades económicas que está atravesando o sector por mor do incremento dos custos de produción derivado da alteración do mercado internacional de materias primas e subministracións, coa que se proxecta chegar a preto de 12.000 produtores.
A Xunta espera beneficiar a 12.000 produtores de vacún de carne, ovino, caprino, avícola e cunícola
Deste xeito, a Xunta destina en concreto 17.156.000 euros, procedentes do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020, para aliviar as dificultades económicas ás explotacións produtoras dos sectores de vacún de carne, ovino, caprino, avícola e cunícola.
Mínimo 3 xatos, 30 ovellas, 10 cabras, 250 polos ou 50 coellas
Para acceder ás subvencións, os solicitantes deben ser titulares de explotacións dadas de alta no Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA), entre outros requisitos. De cara á concesión destas axudas, que se tramitarán en réxime de concorrencia non competitiva, determínanse unha serie de tramos asociados ao tamaño ou capacidade das explotacións beneficiarias.
O prazo de solicitude é dun mes e remata o 14 de febreiro
No vacún de carne é condición ter cobrado a PAC do ano 2021 e producido nese ano un mínimo de 3 xatos nas ganderías de vacas nodrizas ou cebado 12 animais no caso dos cebadeiros. No caso de produtores de ovino e caprino, para ter dereito a recibir a axuda as explotacións tiñan que ter no 2021 cando menos 30 ovellas ou 10 cabras. No caso de explotacións de nova creación ou incorporación de persoas mozas, terase en conta o número de animais a 30 de abril de 2022.
As axudas consisten nun pago único por tamaño da explotación, atendendo ao número de animais e capacidade das instalacións
Para as granxas avícolas e de coellos, que non entran na PAC, deberán ter cando menos 250 prazas de polos ou pavos e un mínimo de 50 coellas reprodutoras, respectivamente.
As persoas interesadas nestas axudas terán un prazo dun mes a partir do día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar as súas solicitudes, que deberá facerse a través da sede electrónica da Xunta co código de procedemento MR244A.
Cantidades a percibir
A contía da axuda determinarase en función do tamaño da explotación tendo en conta o número de animais declarados no caso de vacún, ovino e caprino, e a capacidade das instalacións no caso dos sectores avícola e cunícola.
Para as ganderías de vacún de carne, o importe a percibir sería o seguinte:
No caso dos cebadeiros, os importes son:
Para as explotacións de ovino e caprino fíxanse os seguintes tramos:
En avicultura, as cantidades a percibir serían:
No caso das explotacións de coellos, os importes da axuda serían os seguintes:
As cantidades máximas a percibir para cada tipo de explotación serán as seguintes:
- Explotacións de carne de vacún: ata 8.790€
- Cebadeiros de vacún: ata 5.000€
- Explotacións de ovino e caprino: ata 2.090€
- Explotacións de aves: ata 4.900€
- Explotacións de coellos: ata 5.100€
Anticipos
Unha parte dos beneficiarios das axudas autonómicas xa puideron acceder a estas achegas o verán pasado, a través de anticipos de entidade bancaria subvencionados polo Goberno galego que lles permitiron cobrar de inmediato e con custo cero para eles.
Estas axudas habilitadas pola Xunta pretenden complementar o importe das que sacou o Ministerio de Agricultura en 2022 coa mesma finalidade de compensar o encarecemento dos custos de produción, trala habilitación dunha partida específica por parte da Comisión Europea a raíz do inicio da guerra en Ucraína.
Estas axudas habilitadas pola Xunta pretenden complementar o importe das que sacou o Ministerio de Agricultura en 2022
Estas axudas buscan contribuír a mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e a facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola.
Trátase de sectores ligados ao territorio e cun marcado carácter extensivo, o que os converte en sectores ambientalmente sustentables polo aproveitamento racional dos recursos agrosilvopastorais, contribuíndo así á mellora da calidade e incremento da materia orgánica nos chans e ao mantemento da biodiversidade.
Boas tardes:
Entran en las ayudas las explotaciones avícolas que se dedican a la producción de huevos camperos, porque también subieron y mucho los costes.