Ábrese o prazo para inscribirse na 41ª Festa do Queixo de Arzúa

Ábrese o prazo para inscribirse na 41ª Festa do Queixo de Arzúa

Festa do Queixo de Arzúa 2015

Dende o día 2 está aberto o prazo para todas aquelas queixerías interesadas en vender os seus produtos na 41ª Festa do Queixo de Arzúa, o principal evento do sector en Galicia. O prazo de inscrición está aberto ata o día 22 de xaneiro.

A 41ª edición da Festa do Queixo de Arzúa celébrase do 4 ao 6 de marzo. Dende a organización ofrecen a seguinte información para todas aquelas queixerías interesadas en acudir:

Como inscribirse?

1) Pedir a ficha de solicitude de inscrición no correo info@festadoqueixo.org, no ou no departamento de Cultura do Concello de Arzúa (R/ Pai Pardo 33, 1º) ou na Casa do Concello (R/ Santiago 2, 15810, Arzúa)

2) Enviar a ficha de solicitude de inscrición debidamente cuberta antes do 22 de xaneiro de 2016, dirixida ao Rexistro Xeral do Concello de Arzúa. R/ Santiago 2, 15810, Arzúa (certificada por vía administrativa desde oficinas de Correos, etc)

3) Recibidas as solicitudes, o Concello notificará por escrito aos solicitantes seleccionados a súa autorización para participar no evento. O ingreso do importe do prezo público deberase realizar entre os días 1 e 12 de febreiro, ambos inclusive, no nº de conta que se lle facilitará a través da notificación. Deberá indicar o asunto ‘Festa do Queixo 2016’.

Condicións para expoñer:

Co obxectivo de garantir as condicións hixiénicas e a correcta información ao consumidor, todos os expositores deberán facilitar o nº de rexistro sanitario como elaborador, almacenista ou distribuidor de queixo. Igualmente, todos os alimentos (queixos, meles, etc) deberán estar etiquetados individualmente.

Haberá un número máximo de 52 stands, que se reservarán por orde de inscrición. Con opción de incluír 1 ou 2 mostradores. Todos os stands forman esquina, abertos por 2 frontes.

Datas e horarios:

Sábado 5 marzo 2016
08:00 h. – 11.00 h. recepción de expositores e mercadorías
11:00 h. – 20:30 h. exposición e venda

Domingo 6 marzo 2016
08:30 h. – 10:00 h. recepción de expositores
10:00 h. – 18:30 h. exposición e venda

Distribución de stands no recinto feiral:

FESTA_QUEIXO_ARZÚA2016_PLANO

Máis información: http://www.festadoqueixo.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información