Ábrese a inscripción do curso de aproveitamento e transformación de produtos frutícolas

O curso desenvolverase entre setembro e decembro en sete xornadas no CFEA de Guísamo de Bergondo (AGACAL) e na sede da Fundación Juana de Vega

Publicidade
Ábrese a inscripción do curso de aproveitamento e transformación de produtos frutícolas

A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (AGACAL) abren a inscrición para o curso de formación en fruticultura, que estará dedicado ao aproveitamento e transformación de produtos frutícolas.

O curso, de nivel básico e carácter práctico, desenvolverase entre setembro e decembro en sete xornadas (40 horas) en horario de tarde (16:00 a 20:00 h) entre o CFEA de Guísamo de Bergondo (AGACAL) e a sede da Fundación Juana de Vega. Tamén haberá unha visita de campo (data a concretar) e en decembro terá lugar a sesión de cata dos produtos elaborados coincidindo coa entrega dos diplomas.

O alumnado estudará as operacións de colleita e conservación da froita de maneira transversal a todas as producións frutícolas. Completarase con varios talleres prácticos para elaboración de zume de froitas, de sidra de mazá, de conservas e un último durante o que o alumnado aplicará outras técnicas de conservación tales como deshidratados, macerados, confeitados, xaropes, infusións ou licores.

A inscrición e pagamento realízase a través da web da Fundación Juana de Vega, onde tamén se pode consultar o programa completo. Só se ofertan 20 prazas e o custo é de 100€. A data de inicio é o xoves, 5 de setembro.

Coa finalidade de favorecer a formación complementaria do alumnado do CFEA de Guísamo, os rapaces que asistiron aos cursos anteriores poden volver solicitar unha das bolsas financiadas pola Fundación Juana de Vega para cubrir os gastos da matrícula.

Información completa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información