Abre a matrícula para un curso online de AGACA sobre certificacións de calidade

O curso gratuíto “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais” busca promover as oportunidades que a economía social e a implantación destas certificacións supoñen para modernizar as explotacións agroalimentarias.

Consta de 3 unidades didácticas: Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO, GLOBAL GAP, BRC/ IFS e certificacións de vacún de leite) e Certificacións ambientais (ISO, análises de ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica).

En total, ofrécense 70 horas de formación que poden ser cursadas a través dunha plataforma online aberta 24 horas dende o 4 de xullo ata o 2 de setembro.

A inscrición realízase a través de www.agaca.coop

Este curso enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información