Abre a matrícula do obradoiro para mellorar a xestión e a rendibilidade das comunidades de montes

O obradoiro gratuíto “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)”, de especial interese para persoas vinculadas ás Comunidades de Montes, tratará xeitos de extraer maior rendibilidade a estas superficies e mellorar a súa xestión. Será en Escola de Lamas- O Casar s/n, no concello de Leiro, entre o 13 e o 17 de setembro, 16:00 a19:00h.

Desenvolverase en cinco xornadas temáticas: Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural, Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV, Fiscalidade, Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais e Instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

AGACA organiza esta actividade, que é parte dun ciclo formativo especializado en Comunidades de Montes Veciñais. Calquera Comunidade de Montes Veciñais que desexe recibir a formación nas súas instalacións pode poñerse en contacto con AGACA no 981 58 47 83.

A actividade enmárcase na programación 2021 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

As persoas interesadas en asistir ao obradoiro en Leiro poden inscribirse en www.agaca.coop.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información