Aberto o programa “Campo Innova” de MacDonald´s e Asaja

MacDonald´s, en colaboración con Asaja, organiza a primeira edición o programa “Campo Innova”. Os candidatos, seleccionados entre os socios de Asaja, terán a posibilidade de incorporarse á cadea de subministración desta compañía de restauración en España. As candidaturas pódense presentar ata o 10 de febreiro

Aberto o programa “Campo Innova” de MacDonald´s e Asaja

McDonald´s, líder no sector da restauración en España, xunto á organización agraria Asaja, están a desenvolver a primeira edición do programa “Campo Innova”. O seu obxectivo é acompañar e axudar aos novos agricultores e gandeiros no desenvolvemento das súas explotacións en España, impulsando e propagando as boas prácticas sustentables.

Pola súa banda Asaja, grazas a esta colaboración con McDonald´s, pon a disposición dos novos agricultores e gandeiros da organización a posibilidade de formarse e adquirir os coñecementos necesarios para acceder ao ámbito do mercado e da gran empresa.

Os candidatos seleccionados en cada edición, que deberán ser socios de Asaja, formarán parte dun proceso de inmersión formativa levado a cabo, conxuntamente, entre McDonald´s España e provedores da súa cadea de subministración, no que terán a oportunidade de aprender destes expertos da industria alimentaria, comprender mellor a dinámica da cadea de subministración da compañía e como a calidade e a seguridade son elementos esenciais para alcanzar a excelencia.

O programa, ademais, ofrecerá aos seleccionados, a posibilidade de incorporarse á devandita cadea de subministración. A prioridade de McDonald´s España é fornecerse de materias primas principalmente de orixe nacional. Actualmente, o 75% do volume de compra procede de provedores, empresas agroalimentarias, que forman parte da cadea de subministración de McDonald´s.

Asaja e McDonald´s impulsaron esta iniciativa co fin de seleccionar a novos agricultores e gandeiros ao longo das tres edicións anuais que terá o programa, a primeira das cales se pon en marcha agora.

O programa, que contará con dúas edicións máis en 2018 e 2019, está aberto á participación de novos agricultores e gandeiros, socios de Asaja, con idade igual ou inferior a 40 anos, que contan con explotacións nos ámbitos de: vacún de carne, polo, vacún de leite, trigo de panificación e produtos de horta (leituga, tomate e cebola e tomate para produción de concentrado) e semente para aceite de xirasol.

As candidaturas poderanse presentar ata o 10 de febreiro

Os interesados poderán presentar as súas candidaturas ata o 10 de febreiro de 2017, inclusive, enchendo o formulario de inscrición que poderán descargarse en www.campoinnova.com e que tamén estará dispoñible nas websites de ambas as organizacións: www.mcdonalds.es e www.asaja.com.

Os formularios debidamente cumprimentados, asinados e escaneados deberán remitirse por correo electrónico á seguinte dirección secretaria@campoinnova.com, baixo o asunto de referencia “Campo Innova. Nuevos Agricultores y Ganaderos”.

Unha comisión de expertos, formada por representantes de Asaja, de McDonald´s e dos seus provedores, será a encargada de seleccionar aos candidatos que terán acceso ao programa de formación.

En concreto, os provedores de McDonald´s que colaborarán no programa son: OSI Food Solutions (hamburguesas de vacún e produtos de pito), Aryzta (pans), Florette e Vegenat (produtos da horta: leituga, cebola e tomate), Helios (ketchup), ILAS/Reny Picot (leite e base xeados) e Cargill (aceite xirasol).

Ao final do programa, os candidatos seleccionados, tras formar parte dun proceso de inmersión formativa, terán a posibilidade de pasar a formar parte da cadea de subministración da compañía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información