Aberto o prazo para matricularse no Máster en Produción de Leite da Universidade de Santiago

Xa está aberto o prazo para inscribirse no Máster Propio en Produción de Leite que imparte o Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Este máster, que este ano chega á súa oitava edición, está considerado un referente a nivel español para as persoas que queren dedicarse profesionalmente á gandaría de vacún de leite desde un enfoque multidisciplinar (produción de forraxes, xestión técnica e económica, xestión do persoal, manexo do gando…etc).

A matrícula está aberta até o 30 de xuño e para acceder ao máster é necesario contar cunha titulación universitaria, preferentemente relacionada co sector agrogandeiro, ou ben ser estudantes que lles falte cursar un máximo de 30 créditos ECTS para obter a titulación requirida; aínda que será necesario presentar o título antes de finalizar o curso.

Ofértanse un total de 12 prazas e conta con clases presenciais desde setembro de 2022 até xuño de 2023, ademais de prácticas en empresas desde outubro a decembro. A formación impartirase entre o Campus de Lugo e o Ligal (Abegondo).

Máis información e isncripciones nesta ligazón:

https://www.masterleite.es/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información