O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (C.R.A.E.GA.) e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) organizan unha serie de relatorios sobre o novo Regulamento de produción ecolóxica (UE) 2018/848, aplicable a partir de xaneiro de 2022.
Estes serán impartidos pola empresa Agronovo durante os meses de setembro e outubro.
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer esta nova normativa en produción animal (bovino, avícola, ovino-cabrún, apícola e porcino), e tratar a pegada de carbono e o mercado dos produtos ecolóxicos.
Este novo Regulamento simplificará as normas de produción. Ademais, garantirá unha competencia leal para os agricultores e evitará o fraude ós consumidores. Cabe destacar que a formación técnica nesta nova normativa resulta imprescindible para o correcto desenvolvemento e consolidación do desenvolvemento agroalimentario ecolóxico.
Cada curso se celebrará en xornada única, dun total de 7 horas de duración, con contido teórico en sesión de mañá, e contido práctico en sesión de tarde, con visita a explotacións ecolóxicas.
Son totalmente gratuítos, están abertos a calquera tipo de interesados, que deberán cubrir unha ficha, dispoñible en http://ir.gl/036af2
Nos vindeiros días se impartirá o curso de “Ovino-caprino ecolóxico” na Casa da Cultura de Guntín (Rúa Lameliña, s/n, 27211 Guntín, Lugo), o mércores 13 de outubro.