Aberto o prazo para inscribirse no Programa de Emprendemento da Fundación Juana de Vega

Aberto o prazo para inscribirse no Programa de Emprendemento da Fundación Juana de Vega

Rabaño de Beealia, un dos proxectos que participou no Programa de Emprendemento da Fundación Juana de Vega

A Fundación Juana de Vega ten aberto o prazo de inscrición no V Programa de Emprendemento Agroalimentario, cuxo obxectivo é axudar a todas aquelas persoas que teñan unha idea de empresa agroalimentaria innovadora e queiran poñela en marcha.

Os interesados e interesadas só teñen que cubrir un formulario cos seus datos e explicar o seu proxecto, e desde a Fundación Juana de Vega poñeranse en contacto co solicitante. A participación no programa é gratuíta. Con todo, os participantes nas fases de II e III deberán abonar unha cota de inscrición de 100 euros para garantir a vinculación e o compromiso do emprendedor co programa. O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de novembro.

Serán seleccionados para participar no programa aqueles proxectos que presenten un alto grao de diferenciación baseado na calidade e na innovación, que teñan unha clara orientación ao mercado e que poñan en valor os recursos do territorio.

Poderán participar no Programa de Emprendemento todas aquelas persoas que queiran poñer en marcha unha iniciativa empresarial nos ámbitos agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro, que se desenvolva no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Empresas de nova creación ou en fase de lanzamento.
-Sucesión e recuperación de empresas e explotacións familiares.
-Proxectos de posta en valor de activos rurais improdutivos.
-Empresas que desexen poñer no mercado novos produtos ou servizos innovadores.

Os candidatos deberán ser maiores de idade, residentes en Galicia, con bo nivel de manexo do paquete Microsoft Office, motores de procura na internet, certo coñecemento do sector e, sobre todo, cunha alta implicación no seu proxecto.

Valorarase positivamente aquelas iniciativas con produtos agrícolas con Indicación Xeográfica Protexida ou con potencial de obtela en curto prazo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información