A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Aberto o prazo para inscribirse no Congreso Mundial Fleckvieh e na exhibición nacional austríaca

Aberto o prazo para inscribirse no Congreso Mundial Fleckvieh e na exhibición nacional austríaca

Do 30 de agosto ao 04 de setembro do 2022 Austria acollerá o Congreso Mundial Fleckvieh / Simmental, así como a Exhibición Nacional de Fleckvieh, un evento ao que desde Fleckvieh Austria e a Federación Mundial de Criadores de Fleckvieh / Simmental (WSFF), organizadores deste evento, convidan os profesionais do sector gandeiro galego e español.

A sede principal da conferencia é o Parkhotel Schönbrunn en Viena. Logo continuará o programa de actos nas cidades austríacas de Linz e Freistadt, onde presentarán as mellores e máis belas vacas Fleckvieh de Austria a unha audiencia nacional e internacional na Exhibición Nacional de Fleckvieh, o fin de semana do 3 e 4 de setembro.

AGROTOUR FLECKVIEH AUSTRIA 4

Para os invitados internacionais, especialmente para aqueles dos recunchos máis afastados de Europa e doutros continentes, desde a organización planearon un AGROTOUR Post-Congreso en diferentes rexións produtoras en Austria. Mostrarán aos invitados máis granxas líderes na cría de Fleckvieh até o 08 de setembro. Tampouco se descoidará a cultura e a natureza do país alpino.

Todas as informacións sobre o Congreso Mundial Fleckvieh / Simmental en Austria, así como as inscricións, están desde xa dispoñibles na páxina www.wsffcongress.com nos idiomas alemán/inglés/español. Hai descontos por reservas anticipadas.

10 razóns para asistir ao Congreso Mundial Fleckvieh / Simmental en Austria:

1. Austria é un dos países con maior porcentaxe de gando Fleckvieh do mundo.
2. Por iso, Austria é probablemente o mellor lugar de encontro para reencontrarse con amigos e compañeiros da raza Felckvieh / Simmental despois dun longo período de distancia.
3. Experimenten unha beleza paisaxística única e a diversidade da agricultura en Austria.
4. Gozar da famosa hospitalidade austriaca, chea de delicias culinarias e do típico ambiente austriaco.
5. Quedarán entusiasmado cos aspectos culturais máis destacados e a vibrante vida nocturna da cosmopolita cidade de Viena
6. Encantaranse coas visitas das máis destacadas granxas Fleckvieh dobre propósito e de carne.
7. Infórmesen e discutan con expertos internacionais na conferencia baixo a lema “Fleckvieh Changes -Os cambios Fleckvieh”.
8. Gozar de dúas grandes presentacións de touros cos mellores sementais da raza Fleckvieh Austria.
9. A Exhibición Nacional de Fleckvieh é o evento gandeiro do país e é o punto culminante profesional do congreso.
10. Gozar do mellor e máis belo gando Fleckvieh / Simmental de Austria e dunha poxa de elite única na Exposición Nacional de Fleckvieh en Freistadt.

Messe Ried 2021 - FIH / Tierarena

Descarga aquí o programa completo

Kongresssignatur_ES LOGO_AgroTour

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *