Aberto o prazo de inscrición para participar na Ruta dos Viños de Valdeorras

Publicidade

imagen valdeorras rutaO prazo de inscrición para participar nas diversas accións que se desenvolverán ao abeiro das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta dos Viños de Valdeorras ábrese este mércores, 27 de abril. Os interesados e interesadas en asistir ás diferentes actividades que se porán en marcha poden inscribirse xa nos formularios habilitados ao respecto na páxina web https://www.rutadelvinovaldeorras.com/ ou nos perfís de Facebook e Instagram da asociación.

Visitas a adegas, posta en valor de itinerarios e rutas ligadas ao viño na comarca, actividades de ligazón entre o eido da pizarra valdeorresa e o do viño, maridaxe entre viño e música, catas e túneles do viño, entre outras accións, desenvolveranse na fin de semana dos 27, 28 e 29 de maio en diferentes enclaves de Valdeorras no marco da tradicionais xornadas de portas abertas promovidas dende a Axencia de Turismo de Galicia, organismo que financia esta acción.

Presentación o 2 de maio

A iniciativa será presentada oficialmente en Santiago o vindeiro 2 de maio e durante a próxima semana levaranse a cabo accións promocionais de street marketing nas sete cidades principais de Galicia coa finalidade de espertar o interese do público e atraer visitantes aos diferentes territorios amparados que celebran as súas xornadas de portas abertas.

O 5 de maio, ademais, levarase a cabo unha acción promocional específica dos buses do viño que, procedentes da Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Ponferrada achegarán visitantes ás xornadas de portas abertas nos días 28 e 29 de maio.

Intensa campaña promocional

No caso de Valdeorras, a Ruta do Viño desenvolverá unha intensa campaña promocional en medios de comunicación e redes sociais para favorecer a chegada de visitantes. Ao mesmo tempo, estase a involucrar ao tecido empresarial e hosteleiro da comarca onde se distribuirán folletos con mapas e carteis das xornadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información