Aberto ata o 28 de abril o prazo de solicitude das axudas de silvicultura

O DOG publica a modificación da convocatoria para facilitar a presentación de solicitudes e regular a cesión de cobramento

Publicidade
Aberto ata o 28 de abril o prazo de solicitude das axudas de silvicultura

Imaxe de arquivo.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde da Consellería do Medio Rural pola que se modifica a convocatoria de axudas para fomentar a silvicultura produtiva de coníferas e a mellora ambiental de frondosas e soutos.

Entre os cambios máis destacados inclúese a ampliación do prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro 28 de abril. Esta medida busca facilitar os trámites aos interesados e garantir a súa participación nas axudas.

As achegas contan cun orzamento de 15 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). As persoas que xa presentaran a súa solicitude poderán mantela ou modificala. Así mesmo, aqueles que non solicitaran as axudas no prazo anterior poderán agora formalizalas adaptándose ás novas condicións establecidas.

Outra novidade importante é que a modificación da norma regula o dereito de cesión de cobramento das axudas. Incorpórase unha referencia explícita a esta posibilidade e detállase a documentación necesaria.

Un dos obxectivos principais desta medida é reforzar a claridade e seguridade xurídica. Ademais, esta liña de axudas pretende favorecer o crecemento da masa forestal, a obtención de madeira de calidade e a recuperación de masas existentes mediante unha silvicultura activa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información