Aberto ata o 2 de maio o prazo para solicitar parcelas no Banco de Terras

Aberto ata o 2 de maio o prazo para solicitar parcelas no Banco de Terras

O Banco de Terras de Galicia, organismo público dependente da Consellería do Medio Rural, ten aberto dende o día 1 de marzo o período para solicitar arrendamento das parcelas incorporadas ao banco. O prazo está aberto ata o día 2 de maio.

O novo período de solicitudes ábrese cunha nova versión da aplicación SITEGAL con algúns cambios importantes, entre eles o de ofertar as parcelas para un aproveitamento principal determinado: ou agrícola-gandeiro ou forestal. No buscador de parcelas existe unha ferramenta de filtro que permite seleccionar as parcelas por aproveitamento: https://sitegal.xunta.gal/sitegal/PlotsAdvancedSearchForm.do

Un total de 12.429 parcelas e 5.830 hectáreas

O Banco de Terras pon un total de 12.429 parcelas de vocación agraria a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social.

En total son 5.830,24 hectáreas dispoñibles, onde o 41,61% concéntranse na provincia da Coruña con 5.040 parcelas. Séguelle a provincia de Lugo, con 2.807 parcelas e 1.898,04 hectáreas; Ourense con 2.623 leiras e 954,55 ha e, por último, Pontevedra cunha superficie de 551,65 hectáreas repartidas en 1.959 predios.

Os prezos de referencia destas parcelas poderanse consultar na páxina web https://sitegal.xunta.gal/sitegal/FirstPage.do, así como toda a información sobre cada un dos predios dispoñibles.

Cómpre recordar que a solicitude de aluguer destas leiras está comprendida entre os meses de marzo a maio e de outubro a novembro, pero a incorporación de parcelas polos seus propietarios, así como os arrendamentos pactados, pódense tramitar ao longo de todo o ano.

A segunda convocatoria para solicitar estas parcelas ábrese no mes de outubro ata finais de novembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información