A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Aberta a matrícula no INGAVI para o Curso Superior de Sumiller Profesional

Publicidade
Aberta a matrícula no INGAVI para o Curso Superior de Sumiller Profesional

O Instituto Galego do Viño (INGAVI) abriu o prazo de matrícula para o Curso Superior de Sumiller Profesional 2018-2019. Este máster, que este ano alcanza a súa sexta edición, considerado polos máis influentes do sector como o máis prestixioso de España, preséntase como unha oportunidade única de formarse en Galicia ao máis alto nivel.

Do proceso de selección, consistente en fase de inscrición, selección de candidatos e entrevista persoal, sairá un grupo de 25 alumnos. O Curso Superior de Catador Profesional ofrece unha formación actual e de vangarda a profesionais que desexan desenvolver a súa carreira como sumilleres no século XXI; isto é, comunicadores do viño, que desenvolven a súa profesión en distintos ámbitos do sector: hostalaría, distribución, enoturismo, adega, venda de viño, importación-exportación, tenda especializada, comunicación e mercadotecnia do viño, etc.

Prestixiosos docentes a nivel europeo

Grazas a un rigoroso programa lectivo teórico-práctico e á participación dos docentes máis prestixiosos a nivel europeo, este curso constitúese como unha porta á internacionalización, abrindo a posibilidade de creación de novos modelos de negocio grazas ás sinerxías profesionais resultantes, entre os propios alumnos, cos docentes como Ferrán Centelles, Marta Pupparelli, Fernando Gallardo, Beatriz Machado, Guillermo Cruz, entre outros e co círculo de empresas colaboradoras do INGAVI, como Estrela Galicia, Lavinia, Mugaritz, Casa Solla, El Bulli Fundation, Celler de Can Roca, Monvínic, Vila Viniteca, Les Caves de Pyrene, The Yeatman Hotel, Niepoort, etc.

A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acollerá un ano máis as clases lectivas que impartirán os luns ao longo de nove meses. O equipo docente do INGAVI exporá nos seus masterclass a vangarda en cada un das materias que abordarán no curso, ofrecendo aos matriculados unha perspectiva integral da xestión do viño.

As clases maxistrais estarán complementadas con visitas a viñedos, adegas e feiras, compartindo xornadas de traballo cos mellores profesionais de cada ámbito.

Para máis información sobre o curso: Alexia Luca de Tena, xefa de estudos

aluca@ingavi.org | 665 940 180

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información