A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Aberta a inscrición para participar no AgroTour BFVS’26, o gran evento internacional para coñecer a Fleckvieh austríaca

Messe Ried 2021 - FIH / TierarenaO AgroTour de geneticAUSTRIA GmbH Edición BFVS’26, o gran evento internacional para coñecer a Fleckvieh austríaca, acaba de abrir a súa inscrición.

Nesta edición contará con dúas modalidades, unha versión curta, do 19 ao 22 de marzo, e outra longa, do 19 ao 27 de marzo de 2026.

Este AgroTour forma parte do marco oficial da Exhibición Nacional Fleckvieh BFVS’26, onde a parte de ver a mellor xenética e gandería bovina do país, celebrarase tamén dous fitos importantes:

✅ 25 anos de geneticAUSTRIA GmbH
✅ 75 anos de Fleckvieh Austria / AGÖF

Nesta viaxe, dirixida especialmente a gandeiros de vacún de leite e de carne, tenderase a oportunidade de vivir unha experiencia única que combinará:

• Gandería austríaca ao máis alto nivel
• Percorridos por rexións gandeiras emblemáticas
• Cultura, historia e turismo
• Networking internacional
• Eventos oficiais da BFVS’26
• Poxa de elite
• Segundo a modalidade elixida, gozarase de visitas a explotacións de referencia, centros de inseminación líderes, o laboratorio de sexado de GenetiX Austria, asociacións de cría, circuítos por Viena, experiencias en Estiria, Carintia e mesmo unha extensión a Italia con visita á explotación “La Bonifica” e un día libre en Venecia.

Dúas versións para adaptarse a cada dispoñibilidade:

-1. Versión Curta (19. – 22. marzo 2026)

Para quen desexa vivir os momentos clave da BFVS’26 en poucos días.
Inclúe congreso internacional, visitas técnicas e a gran Exhibición Nacional.

-2. Versión Longa (19. – 27. marzo 2026)

A experiencia máis completa: gandería, tecnoloxía, cultura, turismo e extensión a Italia + Venecia.
Inclúe congreso internacional, visitas técnicas e a gran Exhibición Nacional.

Inscricións abertas con prazas limitadas

Debido á loxística de hoteis, traslados e aforo de actividades oficiais, as cotas son estritamente limitados. Data límite de inscrición: 07 Xaneiro 2026.

Para inscribirse ou solicitar máis información:

alex.manrique@genetic-austria.at

AGROTOUR FLECKVIEH 1 AGROTOUR FLECKVIEH 2 AGROTOUR FLECKVIEH 3 AGROTOUR FLECKVIEH 4 AGROTOUR FLECKVIEH 5

agrotour 2026 logo fleckvieh

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *