Aberta a inscrición no Máster Propio en Produción de Leite da USC

O único Máster en Produción de Leite de España acada a décima edición. O prazo de inscrición para o curso 2024-2025 remata o 30 de xuño

master producion leite usc 24A Universidade de Santiago de Compostela (USC) abre o prazo para inscribirse no Máster en Produción de Leite que se imparte no Campus Terra de Lugo. A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, a Facultade de Veterinaria, a Granxa Docente Gayoso Castro e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite (LIGAL) serán as sedes principais onde se desenvolverá a formación, en formato presencial, que se completa con prácticas en empresas.

Para acceder ao Máster é necesario contar cunha titulación universitaria, preferentemente relacionada co sector agrogandeiro, ou ben ser estudiantes aos que reste por superar o traballo fin de grao e, como máximo 9 créditos ECTS para obter a titulación de acceso requirida, aínda que será necesario presentar o título antes de finalizar o curso.

Os alumnos e alumnas matriculadas terán a posibilidade de realización de 312,5 horas de prácticas en empresas do sector como por exemplo Cooperativa Agraria Provincial da Coruña S.C.G; Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL); Laboratorio Interprofesional Galego de Analise do Leite (LIGAL); CLUN S.C.G.; SERAGRO S.C.G.; SERVEPO (Servizos Veterinarios da Pontenova); OVIGANIC IBERICA SL.; AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias); Agrotec Entrecanais ou AIRA sociedade cooperativa galega.

Ófertanse un total de 12 prazas. As clases serán de setembro a xuño e as prácticas finalizarán, como máis tarde, o 30 de decembro de 2025. Haberá ademais que presentar un traballo fin de Máster con tres convocatorias: xullo, novembro e febreiro. O prazo de inscrición para o curso 2024-2025 remata o 30 de xuño

A maiores do Máster, a USC oferta tamén a posibilidade de cursar dous módulos formativos independentes, sen necesidade de facer o Máster completo, como cursos de formación continua: un con formación específica de Alimentación na Produción de Leite e outro de Economía das explotacións lácteas. Hai dispoñibles tres prazas en cada un destes cursos.

O Máster imparten 59 profesores dos que 18 pertencen á USC e 41 a outras universidades, centros de investigación, empresas, cooperativas e administración pública.

A inscrición no Máster en Produción de Leite e nos distintos cursos específicos pode facerse na web: https://www.masterleite.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información