A asociación EFA Fonteboa organiza a terceira edición do Foro Empresarial Lácteo de Galicia, que se celebrará no edificio multiúsos de Coristanco (A Coruña). Diversos expertos do sector impartirán tres sesións formativas os mércores 22 e 29 de xaneiro e o 5 de febreiro.
O foro está dirixido especialmente a profesionais gandeiros e márcase como obxectivos:
-Analizar tendencias de mercado para mellorar a toma de decisións nas ganderías de vacún de leite.
-Potenciar a xestión estratéxica baseada na sustentabilidade económica, medioambiental e social.
-Fomentar o diálogo e a cooperativación entre os actores da cadea de valor: produtores, industria e distribución.
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición a través desta ligazón.
Velaquí o programa do Foro Empresarial Lácteo: