Aberta a inscrición na Escola de Preparadores CONAFE 2022

A Escola de Preparadores CONAFE 2022 xa ten aberta a inscrición para a súa 16ª edición, que se celebrará un ano máis no I.E.S. Luces (Colunga, Asturias). A formación está destinada para alumnos entre 12 e 25 anos de idade e desenvolverase entre o 4 e o 8 de xullo.

A inscrición pódese realizar chamando ao teléfono: 91 895 24 12 ou escribido un email a conafe@conafe.com.

O prezo é de 370 euros e inclúe o curso, o aloxamento e todas as comidas desde o inicio do curso o luns 4 á súa finalización o venres 8 ao mediodía.

Durante o cinco días que dura o programa, os participantes da Escola de Preparadores recibirán formación e realizarán prácticas sobre amarre de animais, encamado, alimentación, lavado, doma e paseo, muxido, pelado, podoloxía, benestar das vacas, manexo e xulgamento dos animais na pista de competición, xenética, xenómica, programa de axustes CONAFEMAT e morfoloxía da vaca frisoa, entre outros temas.

Ademais do diploma de aproveitamento que reciben todos os participantes, establécense premios para os mellores grupos da escola, e mellores preparadores e manexadores do concurso en diferentes categorías. O concurso de Manexadores e Preparadores celebrarase durante a mañá do venres 8. O director da Escola de Preparadores será Santiago Mato.

cartel escuela preparadores conafe 20222A Escola de Preparadores é unha actividade de formación gandeira que organiza a Confederación Nacional de Frisoa Española (CONAFE) coa colaboración de ASCOLAF, Asociación Asturiana de Control Leiteiro da Raza Frisoa, do IES de Luces, e que conta co patrocinio do Servizo de Podoloxía Pura, de ASA (Asturiana de Servicios Agropecuarios) e da Fundación Caja Rural de Asturias.

Pola Escola de Preparadores de CONAFE pasaron máis de 250 alumnos e alumnas, moitos dos cales son hoxe profesionais no sector gandeiro con vacas frisoas, ben nas súas explotacións familiares, tomando o relevo en moitas ocasións dos seus pais, ou ben como profesionais na preparación de animais para concursos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información