Aberta a inscrición dun curso en liña de emprendemento no rural

O Ministerio convoca a sétima edición dun programa formativo centrado en como se desenvolve un plan de negocios

Aberta a inscrición dun curso en liña de emprendemento no rural

Polígono empresarial no rural galego. / Arquivo.

O Ministerio de Agricultura abriu o período de inscrición da sétima edición do curso de emprendemento no medio rural, dirixido a todos aqueles emprendedores interesados en desenvolver o seu proxecto empresarial no medio rural.

Os participantes neste seminario, que se impartirá en liña, recibirán información básica sobre os pasos a seguir para emprender, aprenderán a desenvolver o seu plan de negocios, adquirirán nocións sobre comunicación, cooperación e xeración de sinerxias con outras iniciativas, e desenvolverán competencias para poñer en marcha o seu proxecto empresarial.

O curso, que comeza o próximo 13 de setembro, está estruturado en catro módulos, cada un deles dunha semana de duración. Estarán impartidos por profesionais cunha ampla experiencia no mundo empresarial, do emprendemento e da comunicación.

O período para a inscrición neste curso, que é completamente gratuíto, finaliza o próximo 6 de setembro. As persoas interesadas en participar poden consultar o programa e realizar a súa solicitude de inscrición a través do espazo habilitado na web da Rede Rural Nacional para o Curso de emprendemento no medio rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información