Administración convocante: Agader
Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250728/AnuncioO90-150725-0001_gl.html
Prazo: Ata 28/08/2025
Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de convocar a XVI edición dos Premios ao Desenvolvemento Rural de Galicia. As bases para concorrer xa están publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG). Un ano máis, mantéñense as seis categorías establecidas: mocidade, proxectos de interese social, sector agro-gandeiro, mulleres, innovación tecnolóxica e recuperación e posta en valor da terra agraria. O prazo de solicitude é dun mes, contado dende o 29 de xullo.
A iniciativa dos galardóns está promovida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e contará un primeiro premio de 10.000 euros e un segundo de 3.000. Entre os criterios de valoración destacan o impacto socio-económico no territorio, a creación de emprego, a sustentabilidade ambiental ou a inserción laboral da muller e de colectivos desfavorecidos, entre outros
Segundo recolle o documento da convocatoria, estes galardóns buscan recoñecer e difundir iniciativas que contribúan a promover o medio rural e a construír unha sociedade rural máis dinámica e con maior cohesión.
Respecto das categorías, mocidade vai orientada a iniciativas de persoas mozas ou dirixidas a elas que apostan polo futuro do rural galego. Séguelle a de Proxectos de interese social, que promoven a integración de colectivos vulnerables ou coidado de maiores e dependentes; e a de Sector agro-gandeiro, que valora propostas nos ámbitos agrícola, gandeiro ou agroalimentario cun enfoque innovador.
As outras tres categorías son Mulleres, destinada a iniciativas lideradas por ou dirixidas a mulleres no rural que promovan a igualdade e o emprendemento; Innovación tecnolóxica, para proxectos que incorporen tecnoloxía en procesos ou servizos, e Recuperación e posta en valor da terra agraria, centrada na recuperación de terras infrautilizadas.Os criterios de valoración inclúen o impacto socio-económico no territorio, a creación de emprego, a sustentabilidade ambiental, a inserción laboral da muller e de colectivos desfavorecidos, o apoio social, a innovación, a orixinalidade e o feito de desenvolverse nun concello en risco de despoboamento, entre outros.
As propostas deberán estar localizadas en Galicia e estar finalizadas antes da publicación da convocatoria, non admitíndose aquelas en fase de deseño ou execución. Quedan excluídas as iniciativas xa premiadas en anteriores edicións ou noutros premios da Axencia.
Galego









Control OJD