Aberta a convocatoria de axudas para fomentar certames de gando bovino selecto

A Consellería do Medio Rural publicou a orde das axudas coas que busca apoiar a promoción e difusión dos certames de gando bovino selecto criado en pureza en Galicia

Publicidade
Aberta a convocatoria de axudas para fomentar certames de gando bovino selecto

Administración convocante: Consellería de Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260112/AnuncioG0426-261125-0003_gl.html

Prazo: Ata 31/10/2026

Resumo:

A Consellería do Medio Rural publicou a orde axudas para 2026 destinadas á realización de certames de gando bovino selecto por importe de 150.000 euros. A finalidade destas axudas é fomentar a celebración de certames de gando selecto a realizar en diferentes puntos da xeografía galega, onde as ganderías participantes poidan expoñer con distintos fins os animais selectos.

Considérase necesario potenciar esta actividade, xa que supón un incentivo para a recría de animais selectos en Galicia, facilitando o seu coñecemento para o resto das ganderías, ademais de posibilitar a súa comercialización e representar un estímulo para a mellora gandeira.

Os beneficiarios destas subvencións son os concellos galegos, as asociacións de persoas gandeiras, as organizacións empresariais e outras entidades sen ánimo de lucro que organicen este tipo de eventos e que cumpran unha serie de requisitos que se concretan na convocatoria. Entre eles figuran os de dispoñer de instalacións axeitadas adaptadas ao tipo de certame, que garantan unhas condicións sanitarias e de benestar animal óptimas e contar con medios técnicos e persoal para a celebración deste tipo de eventos.

A maiores, deberán dispor da colaboración da correspondente asociación de gandeiros oficialmente recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia para a xestión do Libro Xenealóxico ou a realización do control de rendementos, polo menos no relativo á acreditación de que os animais participantes nos eventos estean inscritos nos libros xenealóxicos correspondentes

As achegas convócanse en réxime de concorrencia non competitiva, de tal forma que se tramitarán todas as solicitudes a medida que os beneficiarios interesados as presenten, ata esgotar o crédito orzamentario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información