A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

ABANCA e o C.R.D.O. Ribeiro firman un convenio pioneiro para axudar a adegas e viticultores

Publicidade
ABANCA e o C.R.D.O. Ribeiro firman un convenio pioneiro para axudar a adegas e viticultores

Sinatura do convenio entre Abanca e o Consello Regulador da DO Ribeiro

ABANCA e o Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro intensifican o seu traballo conxunto coa firma dun convenio esta mañá en Ribadavia. O texto renova a colaboración en materia financeira das dúas entidades e aporta unha serie de opcións para afrontar a recta final da vendima. O convenio pon o acento no crédito, pero tamén nos seguros, especialmente adaptados para adegas y viticultores.

O presidente do Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro, José Felicísimo Pereira Freijido, e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra Pedreira, rubricaron un texto que pon en escena o compromiso da entidade financeira nun sector estratéxico da economía produtiva de Ourense e que se constitúe como un compoñente básico para Galicia. No acto tamén participou o director de Banca Agro de ABANCA, Jesús Combarro Pereira.

O crédito convertese no protagonista

Entre as respostas que ofrece a este colectivo, atópase unha póliza de crédito que se pode estender ata cinco anos e que mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Grazas a este produto, as adegas poden facer fronte ao pago da uva aos viticultores nun prazo inferior a 30 días, tal e como se estipula neste texto.

Nesta mesma liña, ABANCA e C.R.D.O. Ribeiro presentan de maneira pioneira un produto de financiamento destinado á adquisición de novas plantacións ou ás ampliacións de terreos de viñedo. O obxectivo que se persegue é a incorporación de novos produtores á actividade vitivinícola e contrarrestar a falta de relevo xeracional ou a elevada idade media dos viticultores.

Unha das novidades que se encontraron os profesionais na campaña deste ano foi a obrigatoriedade de pasar a ITV ás máquinas e equipos de aplicación fitosanitarios. Para acometer a reparación ou a adquisición de nova maquinaria, o banco con sede en Galicia activa préstamos específicos para estas necesidades. O foco no crédito completase con outros produtos como liñas de confirming, financiamento a través de leasing, anticipo de subvencións ou impostos e desconto.

Ademais do crédito, os seguros tamén se converten nos protagonistas deste novo convenio. A través de ABANCA Seguros os integrantes da denominación de orixe más antiga de Galicia poderán cubrir as súas necesidades con liñas de produtos específicos lanzados para produtores (liña para explotacións vitivinícolas, seguro de saúde colectivo e seguro de accidentes colectivo) e adegas (seguro pemes adegas).

ABANCA conta co engadido diferencial dunha división específica centrada no sector primario e as súas necesidades, ABANCA Agro. Una oferta que axunta unha importante cantidade de xestores especializados e unha rede de oficinas líder en Galicia, presente na maior parte dos municipios onde cobra relevancia o sector vitivinícola.

Sobre a Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das catro denominacións de orixe da provincia de Ourense. Está conformada por 107 adegas dos municipios de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Os viños desta D.O. ocupan un total de 2.646 hectáreas de territorio nas que traballan 5.500 viticultores. En 2015, a produción da colleita na D.O. Ribeiro superou os 14,3 millóns de quilos de uva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información