Abadín mantense fiel á tradición o sábado 2 de novembro coa Feira de Santos de Gontán

O concurso de gando repartirá premios en distintas categorías entre os mellores exemplares bovinos e cabalares e o mercado manterase até a chegada da verbena pola noite

Abadín mantense fiel á tradición o sábado 2 de novembro coa Feira de Santos de Gontán

Gontán, no concello de Abadín, acollerá o vindeiro sábado 2 de novembro unha nova edición da súa tradicional Feira de Santos, unha cita que congrega anualmente a un grande número de gandeiros e visitantes procedentes de Galicia e Asturias.

Esta celebración conta con máis de dous séculos de antigüidade e celébrase sempre o primero sábado de novembro. O feito de non coincidir este ano coa Feira de Santos de Monterroso, outra das citas de referencia neste tempo en Galicia e que se celebra este ano o día antes, o venres 1 de novembro, axudará a incrementar a concorrencia á feira de Abadín.

Acoden gandeiros e visitantes de toda Galicia e Asturias e o feito de non coincidir este ano coa feira de Monterroso garante o éxito de público

Acoden gandeiros e visitantes de toda Galicia e Asturias e o feito de non coincidir este ano coa feira de Monterroso garante o éxito de público

A feira, con toda seguridade, repetirá éxito de gando e de público, que aproveitará para facer compras, comer o polbo e churrasco nos postos de comida que se montan ou botar uns bailes coas actuacións musicais previstas durante todo o día.

A cita conta cunha programación tradicional baseada no mercado gandeiro, expositores de diversos produtos de alimentación, onde destacan os de tempada, como as noces, as castañas ou o mel, así como os embutidos e os derivados da matanza do porco, ferramenta e apeiros de labranza, roupa e calzado, artículos para montar a cabalo ou artesanía.

As casetas para degustar o polbo e o churrasco son outros dos atractivos para os visitantes, que tamén poden achegarse para comer a algún dos restaurantes da zona, afamados entre outras cousas polas súas carnes. Non faltará tampouco a verbena pola noite, polo que a celebración de Santos alongarase como vén sendo habitual durante todo o día.

Concurso de gando

O certame gandeiro establece premios tanto para exemplares de vacún como cabalar

O certame gandeiro establece premios tanto para exemplares de vacún como cabalar

O máis destacado da mañá será o certame de gando que organiza o Concello de Abadín e para o que dispón de perto de 1.000 euros en premios en distintas categorías: ao mellor exemplar bovino, equino, mellor cría bovina, mellor cría equina, maior número de cabezas de gando bovino e equino ou mellor exemplar equino de silla.

Para animar a participación na feira, o Concello de Abadín repartirá varios premios de 100 euros cada un entre os mellores e máis numerosos exemplares que se acheguen a Gontán. A organización establece sete categorías no concurso de gando e cada unha está dotada cun cheque de 100 euros pero é habitual que se dean algúns premios a maiores coa intención de gratificar ao maior número de gandeiros asistentes polo esforzo de traer o seu gando, polo que a contía final sempre se achega aos 1.000 euros.

Abadín conta con explotacións de carne aos pés da serra do Xistral, ganderías de leite como Casa Liñares e unha importante empresa transformadora, Queixos Lorán

Non faltarán algúns dos gandeiros habituais coas súas reses, tanto do propio concello como de concellos limítrofes ou mesmo doutros máis afastados coma Ferrol ou Asturias. Algúns deles xa resultaron gañadores nas anteriores edicións, como Marcial Martínez (de Ferrol), Cándido García e Lino Bouso (da Pastoriza), Hermanos López (de Castro de Rei), Orlando García (de Vilalba), José Hermida, Darío López e Manuel Rego (de Abadín) nas categorías de gando cabalar; ou José Basanta, Darío Portela e Rocío García (tamén de Abadín) e Estevan Doval (da Pastoriza) nas de gando bovino.

Abadín segue a manter un importante sector agrogandeiro, cun peso importante na produción de carne en parroquias como Labrada, Romariz, Fanoy ou Baroncelle e con explotacións de leite como Casa Liñares en Galgao. Cara a serra do Xistral o gando en extensivo aproveita os pastizais que hai nos montes producindo unha carne de excelente calidade. O concello conta ademais cunha importante industria queixeira, Lorán, que transforma o leite producido polos gandeiros da zona aportándolle valor engadido cun alto grado de diversificación e unha importante rede de distribución por Galicia, Asturias e León.

A Feira de Santos mantense como a feira grande de Gontán

Foto antiga da Feira de Santos de Gontán, que conta con máis de dous séculos de antigüidade

Foto antiga da Feira de Santos de Gontán, que conta con máis de dous séculos de antigüidade

O primeiro sábado de novembro, por tradición, veciños e veciñas de Abadín e doutros lugares achéganse a Gontán para participar na feira das feiras anuais no municipio. Ante a chegada do inverno, os gandeiros e gandeiras da comarca apuraban a vender as súas reses. A pesar de que esta práctica na actualidade non se concentra nunha única época do ano, Gontán mantén a tradición da celebración da Feira de Santos como a feira de ano máis importante de cantas se celebran no recinto feiral ubicado a carón do río Labrada.

Gontán é tamén coñecido polas súas feiras quincenais. Todos os meses, o primeiro e terceiro sábado, celébrase feria e mercado. Outra das ferias por excelencia de Abadín, e que tamén ten lugar no recinto feiral de Gontán cara a finais de febreiro, é Expogrelo, unha cita adicada a este produto do inverno que se celebra coincidindo co momento de recollida desta verdura imprescindible no caldo e os cocidos desta época.

Gontán é unha pequena vila que pertence ao Concello de Abadín, onde unha das súas actividades de ocio máis coñecida, ademais das súas feiras, é practicar sendeirismo polos múltiples sendeiros e caminos, como por exemplo, a ruta norte do Camiño de Santiago, que atravesa o municipio. Ademáis, Abadín conta cunha extensa área recreativa situada a carón do río Labrada, con un merendeiro e unha praia fluvial acondicionada para o baño enmarcada nun entorno de vexetación con carballos, bidueiros ou ameneiros entre outras árbores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información